835 [= RM 114,7]
Disseron-m’oj’, ai amiga, que non

Disseron-m’oj’, ai amiga, que non
é meu amig’almirante do mar,
e meu coraçon ja pode folgar
e dormir ja, e, por esta razon,
o que do mar meu amigo sacou
saque-o Deus de coitas, ca jogou.
Mui ben é a min, ca ja non andarei
triste por vento que veja fazer,
nen por tormenta non ei de perder
o sono, amiga; mais, se foi el-rei
o que do mar meu amigo sacou,
[saque-o Deus de coitas, ca jogou].
Mui ben é a min, ca ja, cada que vir
algun ome de fronteira chegar,
non ei medo que mi diga pesar;
mais, porque m’el fez ben, sen lho pedir,
o que do mar meu amigo sacou
[saque-o Deus de coitas, ca jogou].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 838, V 424

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 199-200); Cunha (1999 [1945]: 135); Monteagudo (1984: 365 [= LPGP 714]); Montero Santalla (1992: 84); Cohen (2003: 299); Littera (2016: II, 227).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 159); Braga (1878: 80); Michaëlis (1990 [1904]: II, 426); Cotarelo Valledor (1934: 219-220); Machado & Machado (1953: IV, 153).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 167-168); López-Aydillo (1914: 43); De las Casas (1928: 36); Cidade (1941: 77-78); Seoane (1941: 102-103); Nemésio (1961 [1949]: 123-124); Fernández Pousa (1951: 28); Piccolo (1951: 173); Varela Jácome (1953: 45-46); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 71); Álvarez Blázquez (1975: 178); Landeira Yrago (1975: 178); Torres (1977: 166); Correia (1978: 198); Reckert & Macedo (1980: 142); Gonçalves & Ramos (1983: 215); Dobarro Paz et alii (1987: 96); Alvar & Beltrán (1989: 233-234); Pena (1990: 104); Sansone (1990: 236); Jensen (1992: 258); Alonso Girgado (1992: 32); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 185); Arias Freixedo (2003: 677-678); Brea López & Fernández Guiadanes (2014: 79-80).

Variantes manuscritas


4 ja] iha BV   6 ca jogou] qua iogou Muy B : qua iogou / muy V   9 tormenta] tormentar V

Variantes editoriais


En Littera non é indicada tipograficamente a existencia de refrán. 

6 ca jogou] qu[e] afogou Nunes : qu’afogou Cunha, Monteagudo : que [ar] jogou Littera   7 é] om. Montero Santalla, Cohen, Littera; min] mi Nunes; ja] (ia) Monteagudo   9 tormenta] torment’ar Montero Santalla   10 sono, amiga] son’, amiga Cunha   12 ca jogou] qu[e] afogou Nunes : qu’afogou Cunha, Monteagudo : que [ar] jogou Littera   13 é] om. Montero Santalla, Cohen, Littera; min] mi Nunes; ja] (ia) Monteagudo   15 mi] me Nunes   18 ca jogou] qu[e] afogou Nunes : qu’afogou Cunha, Monteagudo : ca jogou / [mui bem a mim, u do mar mi‿o librou / ca sei-m’ eu bem quam leda m’ end’ estou] Montero Santalla : ca jogou / mui ben a min ... Cohen : que [ar] jogou Littera

Paráfrase


(I) Dixéronme hoxe, ai amiga, que non é o meu amigo almirante do mar, e o meu corazón xa pode descansar e durmir, e, por esta razón, o que do mar o meu amigo sacou, sáqueo Deus de coitas, porque arriscou.

(II) A min satisfaime moito, pois xa non andarei triste cando sinta zoar o vento, nin por causa das tormentas hei de perder o sono, amiga; mais, se foi o rei o que do mar o meu amigo sacou, sáqueo Deus de coitas, porque arriscou.

(III) Moito me satisfai, pois, cada vez que vexa chegar a alguén da fronteira, xa non terei medo de que me traia malas novas; mais, porque me fixo ben sen llo pedir, o que do mar o meu amigo sacou, sáqueo Deus de coitas, porque arriscou.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:187)

Encontros vocálicos: 7 é‿a; 10 sono,‿amiga; 13 é‿a

Notas


Texto
  • *

    O texto da cantiga contén unha referencia autobiográfica, unha alusión á destitución de Paaio Gomez Charinho do cargo de Almirante do Mar, posición que detentou entre 1282 e 1286. A cantiga podería ser escrita, pois, por volta do ano 1287 (véxase Oliveira 2019).

    A presenza de <muy> en BV a iniciar (aparentemente) un novo verso despois do refrán da estrofa I levou a Montero Santalla propor a consideración desta composición como unha cantiga ateúda atá a fiinda, con ligazón sintáctica e omisión de é nos vv. 7 e 13 (véxase nota ao v. 7), así como a existencia de unha fiinda desaparecida, que o editor ferrolán reconstrúe como hipótese, e que Cohen deixa como fragmentaria. Eis a hipótese monteriana:

                                    ... ca jogou
    [mui bem a mim, u do mar mi‿o librou
    ca sei-m’ eu bem quam leda m’ end’ estou].

  • 4

    Nótese a unánime lección <iha> ja, coa grafía <ih> para /ʒ/, talvez a indicar a real existencia do fonema africado palatal sonoro /dʒ/, par sonoro do correspondente africado palatal xordo /ʧ/ <ch> (véxase Larson 2019 [2018]: 53, n. 20). Ao longo de BV achamos aínda outras grafías idénticas: <quiiheu> B quig’eu (250.7), <ihoãna> B Joana (429.16), <aiha> BV aja (1160.6 e 8), <ueihagora> V vej’agora (1007.5), <iha> B ja (1585.27).

  • 6-7

    O verdadeiro locus criticus da cantiga reside na interpretación da secuencia final <qua iogou> BV do refrán. Esta foi interpretada por diversos estudosos considerando a presenza do verbo afogar: Nunes, o primeiro editor do texto, prefire manter a integridade da conxunción (qu[e] afogou), propondo, por tanto, unha tamén anómala sinalefa; contrariamente, Cunha e mais Monteagudo editan qu’afogou, cunha crase inexistente no corpus trobadoresco (véxase Ferreiro 2009).
    Fronte a estas propostas preferimos manter a lección unánime de BV, isto é, jogou, interpretando <qua> como unha forma gráfica inusual de ca, do mesmo modo que en BV tamén aparecen grafías do tipo <barquas> para barcas (1165.5, 7, 10; 1165.2, 3, 6, 8, 12; 117.5; 1168.1, 4) ou car[r]eirões, a partir da lección <q̅reyreēs> de B (1584.15). De calquera maneira, pódese achar a grafía qua para a conxunción ca nos textos prosísticos, xa desde a Noticia de Torto (véxase CGPA, s.v. qua), limitándonos a usos completivos ou causais:

    E por istes tortos que li fecerũ tem qua a seu plazo quebrãtado e qua li o deuẽ por sanar (Noticia de Torto, 1214);

    τ estando presente ffernã uellio. frontou τ protestou dizendo á ffernã uellio τ á Johã garcia que estaua hy presente por que lles forã aos sous oméés τ aos sous seruizaes τ aos sous foreyros de Louesende que morauã na sua herdade τ que son sous uassallos per carta. τ porque lles disserã que sse nõ chamassẽ por sous uassallos. qua qualquer que sse por sou uassalo chamasse que lle britariã os brazos τ as pernas τ lo chonbariã no rio (doc. 1269);

    e uos qua a moredes e que a paredes ben (doc. 1293);

    Et por mayor firmidume rogamos et mandamos a Garçia Martines et a Johan Pelaes notarios publicos del Rey en esta dita villa qua as fesessem et posessem en ellas seus signaes (doc. 1343);

    Custume he q(ue) se algũu homẽ he obrígado algũas pessoas τ uay fílhar algũas auééncas del Rey. q(ue) ho almuxaríffe ueya a quẽ da as auéénças τ que fiadores fílha per auer el Rey o sseu qua as p(ri)meyras díuídas nõ seram enbargadas (doc. 1350).

    Ademais, qua é moi frecuente no Foro Real de Afonso X, de 1280:

    E se llo nõ quis(er) enmendar demandeo p(er) todos assy como p(er)teece a p(re)yto e come d(er)eyto de o braadar, qua en tal maneyra queremos onrra del rey que lhy nõ tollam(os) seu dereyto a nenguu.

    E tamén aparece algunha ocorrencia na prosa literaria, como na Historia Troiana:

    et eu e el rei Poleus con toda nosa gente iremos primeiros em hũa parte et ascondernos emos em hun lugar seguro, qua eu sei moi bem peça da vila e a terra arredor (Pichel Gotérrez 2013: 1.483).

    No relativo a jogar, o verbo tería o significado de ‘arriscar a vida, pórse en perigo’, tal como é recollido nalgúns dicionarios antigos. Cfr., por exemplo, o Dicionário dos Primeiros Livros Impressos em Língua Portuguesa, co sentido de ‘arriscar ao jogo ou à sorte’ (Machado 2015: s.v. jogar), ou o dicionario de Cândido de Figueiredo, onde aparece co valor de ‘aventurar, sujeitar à sorte’, así como a suxestiva acepción ‘agitar-se; mover-se oscilando’ (Figueiredo 1978 [1899]: s.v. jogar), acepción talvez tirada do dicionario de Morais Silva, que recolle este sentido a partir de “jogar o navio, i. e. balancear navegando” (Silva 1789: s.v. jogar), e que non podemos excluír á vista do contido da cantiga. En calquera caso, o sentido de ‘arriscar’ é máis coherente co devir desta composición de Charinho. Véxase, verbigratia, a seguinte citación da Crónica d’Espanha de 1344, onde aparece jugar co valor de ‘arriscar’:

    Senhor, eu juguei o meu cavallo e minhas armas. Seja vossa mercee de me mãdar dar cavallo e armas pera esta batalha e seervos ei tam bõo como quatro cavalleiros, se nõ que me dedes por treedor (Cintra 1961: III, 360).

    O verso inicial da segunda e da terceira estrofa (v. 13) levanta tamén outro problema de lectura e de interpretación, pois son varios os editores que, fronte á autonomía semántica de jogar, coa conseguinte independencia sintáctica das estrofas, sopesaron a posibilidade de estarmos perante unha cantiga ateuda, considerando a existencia de ligazón sintáctico-semántica interestrófica baseándose na construción jogar ben (a min), non documentada en galego-portugués, mais paralela aos sintagmas jogar mal ~ jogar lai, ben estudados por Montero Santalla (1992), que xustificarían a existencia daquela. A proposta editorial de Montero Santalha foi aceptada literalmente en Cohen e modulada por Littera; no entanto, para tal emenda cómpre eliminar <e>, presente nos dous manuscritos (<Muj ben e amj̃> B, <Muj ben e amĩ> V; <Muj bẽ e amj̃> B, <Muj bẽ e amĩ> V), en dous versos que poderían ser hipermétricos; así se explica a supresión de ja (vv. 7, 13) proposta por Monteagudo. Porén, non existe tal problema métrico, pois a sinalefa de é (éa) resulta frecuente ao longo do corpus; é máis, nos outros dous contextos en que se atesta esta mesma construción seer a mi(n) tamén existe a sinalefa: Pero de vós éa min peor (47.9), tan grav’éa mí, mais non poss’al fazer (946.r2).

  • 9

    Montero Santalla considera a presenza da partícula preverbal ar (nen por torment’ ar non ei de perder), dando preferencia á lección de V, que constituiría unha lectio difficilior. No entanto, nas frases negativas ar mantén sempre a posición posposta a non, como mostran numerosos contextos en que se rexistra tal construción: e me non ar quiser guisar (62.20), mais, se o sei, non ar sei ren (76.4), e, se o non ar quiseren fazer (170.25), Non ar soube parte d’afan (263.8) ...

Buscar
    Non se atopou ningún resultado