856 [= RM 73,7]
Senhor, con migo non posso eu poer

Senhor, con migo non posso eu poer
nen con este cativo coraçon
que vos non aja milhor a querer
de quantas cousas eno mundo son;
e, sen[h]or, é desvairada razon,
u eu, por ben que vos quero, por én,
non aver ben de vós per nulha ren.
Ja meus dias assi ei a passar:
en amando, máis que outro amador,
vós, mia sen[h]or, que sempre eu soub’amar
e servir máis que outro servidor;
e razon é desvairada, sen[h]or,
u eu, por ben [que vos quero, por én,
non aver ben de vós per nulha ren].
E razon era, senhor, d’algun ben
aver de vós, d’u me tanto mal ven.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 

Manuscritos


B 860, V 446

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 273-274); Finazzi-Agrò (1979: 78 [= LPGP 481]); Littera (2016: I, 559-660).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 165-166); Braga (1878: 84); Machado & Machado (1953: IV, 188).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 206).

Variantes manuscritas


1 eu poer] eurcer B : cuprer V   2 cativo] catiue BV; coraçon] corazon V   3 aja] dia BV   4 mundo] mudo V   5 desvairada] deseu ayrada B   6 quero] q̅re B   7 ben] om. V   10 eu] en V   12 razon] fazō B; sen[h]or] senro B : se nõ V   16 tanto] tādo B

Variantes editoriais


Littera non indica tipograficamente a existencia de refrán.

1 con migo] commigo Nunes, Finazzi-Agrò; poer] vencer (?) Nunes   3 vos] vus Finazzi-Agrò   6 vos] vus Finazzi-Agrò   9 outro] outr(o) Nunes   10 sempre eu] sempr’eu Nunes, Littera   13 vos] vus Finazzi-Agrò   16 d’u] du Nunes

Paráfrase


(I) Señora, non podo acordar comigo nin con este corazón desventurado, que non vos teña que querer mellor que a cantas cousas existen no mundo; e, señora, é desvariada cousa sen sentido por eu –polo ben que vos quero, por iso– non conseguir o voso ben de ningún modo.

(II) Xa os meus días así hei de pasar: amando, máis que outro amador, a vós, miña señora, que eu sempre souben amar e servir máis que outro servidor; e é cousa sen sentido, señora, por eu –polo ben que vos quero, por iso– non conseguir o voso ben de ningún modo.

(1) E era razoábel, señora, obter algún ben de vós, de onde me vén tanto mal.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10a 10b 10b 10C 10C + 10c 10c (= RM 91:1)

Encontros vocálicos: 1 posso‿eu; 9 outro‿amador; 10 sempre‿eu

Notas


Texto
  • 1

    As leccións dos apógrafos italianos para eu (cfr. <cu> V) e poer (<rcer> B, <prer> V) denotan erros comúns nestes cancioneiros: <c>/<e> en eu; <r>/<p>, frecuente en B (véxase nota a 992.1-2), o banal erro <c>/<o> en B e, finalmente, a confusión <r>/<o> en V para a vogal radical de poer (véxanse erros similares en 478.8 (bõo <brõ> B, <beõ> V), 493.16 (dous <deꝯ> B, <drꝯ> V), 1338.7 (bõa <boã> B, <bra> V), 1387.13 (tregoa <tregoa> B, <tregra> V) etc.
    Verbo da forma analítica con migo (cfr. tamén con mego en 469.6 e 9), variante minoritaria de comigo que se rexistra esporadicamente no corpus (11.24, 584.14, 585.8, 773.8, 846.r1, 928.8, 939.13, 1010.14, 1039.10 e 26, 1099.19, 1234.20, 1303.8), convive coa forma reducida migo e, mesmo, mego (só en 10.18). 

  • 3

    O erro <d>/<a> é frecuente nos apógrafos italianos: o mesmo lapso de copia pode verse en 349.18 (<dia> B aja).
    No relativo á forma milhor, variante minoritaria con pechazón de /e/>/i/ por influencia de consoante palatal (por iode na súa base etimolóxica meliōrem), ten certa presenza na lingua trobadoresca.

  • 6

    Neste primeiro verso do refrán o adverbio u ten valor causal: ‘e, señora, é desvairada razón por eu –polo ben que vos quero, por iso– non conseguir o voso ben de ningún modo’.

  • 9

    O uso do xerundio introducido pola preposición en é certamente escaso no corpus trobadoresco profano, pois só se localiza noutra pasaxe (917.1). Porén, é extraordinariamente frecuente na prosa, en todo o tipo de obras durante a Idade Media, pois, como indica Epifânio da Silva Dias, na lingua arcaica «[q]uando o partic. em -ndo designa tempo, hypothese ou condição, pode ser precedido da prepos. em» (Dias 1970: 242).

  • 10

    O pronome vós é complemento directo sen preposición, tal como acontece con certa frecuencia coas formas pronominais oblicuas na lingua trobadoresca.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado