I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 273-274); Finazzi-Agrò (1979: 78 [= LPGP 481]); Littera (2016: I, 559-660).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 165-166); Braga (1878: 84); Machado & Machado (1953: IV, 188).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 206).
1 eu poer] eurcer B : cuprer V 2 cativo] catiue BV; coraçon] corazon V 3 aja] dia BV 4 mundo] mudo V 5 desvairada] deseu ayrada B 6 quero] q̅re B 7 ben] om. V 10 eu] en V 12 razon] fazō B; sen[h]or] senro B : se nõ V 16 tanto] tādo B
Littera non indica tipograficamente a existencia de refrán.
1 con migo] commigo Nunes, Finazzi-Agrò; poer] vencer (?) Nunes 3 vos] vus Finazzi-Agrò 6 vos] vus Finazzi-Agrò 9 outro] outr(o) Nunes 10 sempre eu] sempr’eu Nunes, Littera 13 vos] vus Finazzi-Agrò 16 d’u] du Nunes
(I) Señora, non podo acordar comigo nin con este corazón desventurado, que non vos teña que querer mellor que a cantas cousas existen no mundo; e, señora, é desvariada cousa sen sentido por eu –polo ben que vos quero, por iso– non conseguir o voso ben de ningún modo.
(II) Xa os meus días así hei de pasar: amando, máis que outro amador, a vós, miña señora, que eu sempre souben amar e servir máis que outro servidor; e é cousa sen sentido, señora, por eu –polo ben que vos quero, por iso– non conseguir o voso ben de ningún modo.
(1) E era razoábel, señora, obter algún ben de vós, de onde me vén tanto mal.
Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10a 10b 10b 10C 10C + 10c 10c (= RM 91:1)
Encontros vocálicos: 1 posso‿eu; 9 outro‿amador; 10 sempre‿eu
As leccións dos apógrafos italianos para eu (cfr. <cu> V) e poer (<rcer> B, <prer> V) denotan erros comúns nestes cancioneiros: <c>/<e> en eu; <r>/<p>, frecuente en B (véxase nota a 992.1-2), o banal erro <c>/<o> en B e, finalmente, a confusión <r>/<o> en V para a vogal radical de poer (véxanse erros similares en 478.8 (bõo <brõ> B, <beõ> V), 493.16 (dous <deꝯ> B, <drꝯ> V), 1338.7 (bõa <boã> B, <bra> V), 1387.13 (tregoa <tregoa> B, <tregra> V) etc.
Verbo da forma analítica con migo (cfr. tamén con mego en 469.6 e 9), variante minoritaria de comigo que se rexistra esporadicamente no corpus (11.24, 584.14, 585.8, 773.8, 846.r1, 928.8, 939.13, 1010.14, 1039.10 e 26, 1099.19, 1234.20, 1303.8), convive coa forma reducida migo e, mesmo, mego (só en 10.18).
O erro <d>/<a> é frecuente nos apógrafos italianos: o mesmo lapso de copia pode verse en 349.18 (<dia> B aja).
No relativo á forma milhor, variante minoritaria con pechazón de /e/>/i/ por influencia de consoante palatal (por iode na súa base etimolóxica meliōrem), ten certa presenza na lingua trobadoresca.
Neste primeiro verso do refrán o adverbio u ten valor causal: ‘e, señora, é desvairada razón por eu –polo ben que vos quero, por iso– non conseguir o voso ben de ningún modo’.
O uso do xerundio introducido pola preposición en é certamente escaso no corpus trobadoresco profano, pois só se localiza noutra pasaxe (917.1). Porén, é extraordinariamente frecuente na prosa, en todo o tipo de obras durante a Idade Media, pois, como indica Epifânio da Silva Dias, na lingua arcaica «[q]uando o partic. em -ndo designa tempo, hypothese ou condição, pode ser precedido da prepos. em» (Dias 1970: 242).
O pronome vós é complemento directo sen preposición, tal como acontece con certa frecuencia coas formas pronominais oblicuas na lingua trobadoresca.