858 [= RM 73,6]
Que pret’esteve de me fazer ben

Que pret’esteve de me fazer ben
Nostro Senhor, e non mi-o quis fazer
quand’entendeu que podera morrer
por vós, sen[h]or, que logo non morri!
Matando-m’, El fezera-me ben i
tal que tevera que m’era gran ben.
Ante me quis leixar perder o sén
por vós, sen[h]or: des i, soub’alongar
meu ben, que era en mi a morte dar,
e quis que ja sempre eu vivess’assi,
en gran coita como sempre vivi,
e que m’ouvesse perdudo meu sén.
E vej’eu que mal coraçon me ten
Nostro Senhor, assi El me perdon:
non me deu morte, que de coraçon
lhe roguei sempr’e muito lha pedi,
mais deu-me vida a pesar de min,
desejando a que m’en pouco ten.
Atal ventura quis El dar a min:
fez-me veer vós e ar fez log’i
a vós que non dessedes, por mí, ren.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 862, V 448

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 277-278); Finazzi-Agrò (1979: 97 [= LPGP 480-481]); Littera (2016: I, 560-561).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 166); Braga (1878: 85); Machado & Machado (1953: IV, 190-191).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 205-206); Fidalgo (2009: 80).

Variantes manuscritas


2 Nostro] Arō B : arō V; Senhor] senor B   3 quand’] Euād B   4 sen[h]or] senro B; logo] lego BV   5 Matando] mata do V   7 leixar] loixar BV; perder o sén] peder o seu B   9 morte] m̃ote B   10 eu] en V; vivess’assi] muessassy B   11 vivi] muj B   13 coraçon] corazō V   14 Senhor] se ior B   15 coraçon] corazō V   16 roguei] rreguei B : rreguey V; pedi] pedr B   20 veer] uder B; fez] fezo BV

Variantes editoriais


10 sempre] sempr’ Nunes   17 min] mi Nunes   19 min] mi Nunes   20 veer vós] veer-vos Littera

Paráfrase


(I) Que preto estivo Noso Señor de me facer ben, e non mo quixo facer cando entendeu que podería morrer por vós, señora, que despois non morrín! Matándome, El faríame alí un ben tal que eu consideraría que me era un ben moi grande.

(II) Antes quixo deixarme perder a razón por vós, señora: alén diso, soubo afastar o meu ben, que estaba en darme a morte, e quixo que xa sempre eu vivise así, en gran coita como sempre vivín, e que perdese o meu xuízo.

(III) E vexo eu que Noso Señor non me quere ben, así El me perdoe: non me deu morte, que de corazón lle roguei sempre e moito lla pedín, mais deume vida contra a miña vontade, desexando a que me ten en pouca consideración.

(1) Tal sorte me quixo El dar: fíxome vervos e logo fixo que eu non vos importase nada.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10c 10a + 10c 10c 10a (= RM 189:8)

Encontros vocálicos: 2 mi͜-o; 9 mi‿a; 10 sempre‿eu

Notas


Texto
  • 11

    Nótese en B o erro <muj> vivi que parte da moi frecuente confusión ou indeterminación <m>/<ni>~<ui> que se detecta nos apógrafos italianos, onde achamos o mesmo erro en 562.19 (<mui> B vivi), 798.3 (<mui> B vivi). De todos os xeitos, véxase un lapso semellante tamén no v. 10: <muessassy> vivess’assi.

  • 14

    A frecuentísima frase formularia assi Deus me perdon (con variantes lingüísticas) nesta pasaxe utiliza o pronome El a substituír o habitual Deus. Cfr. nota a 252.21.

  • 20

    A lección <uos> de BV indica que estamos perante o pronome persoal tónico oblicuo vós como complemento directo sen preposición a depender de veer, tal como acontece con frecuencia no corpus trobadoresco.

    Por outra banda, perante a lección <fezo> de BV, que converte o verso en hipermétrico (o mesmo que acontece en 184.6), recorremos á forma máis xeral fez, pois a realidade dos apógrafos italianos a respecto da utilización destas variantes da P3 dos pretéritos fortes mostra certa tendencia á confusión e/ou erro entre as formas unisilábicas (do tipo fez ou quis) e bisilábicas (do tipo fezo ou quige): véxase, por exemplo, na aparición de <qigi> en B face á correcta lección quis de A en 225.15 (cfr. nota a 53.16).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado