881 [= Tav 94,16]
Por vós, senhor fremosa, pois vos vi

Por vós, senhor fremosa, pois vos vi,
me faz viver coitado sempr’Amor;
mais pero, quando ar cuid’en qual senhor
me fez e faz amar, cuido log’i
que non queria non vos querer ben
máis quand’er cuido no mal que m’én ven
por vós, a que pesa de vos amar;
ali mi pesa de vos ben querer,
mais, pois no prez cuid’e no parecer
que vos Deus deu, log’i ei de cuidar
que non queria non vos querer ben
[máis quand’er cuido no mal que m’én ven]
por vós, senhor, a que Deus por meu mal
me vos tan muito ben conhocer fez;
pero sabede, se ren ei de prez
ou d’outro ben, por vós é, non por al,
que non queria non vos querer ben
[máis quand’er cuido no mal que m’én ven].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 890, V 474

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 294-295); Stegagno Picchio (1968: 123 [= LPGP 629]); Littera (2016: II, 95).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 174); Braga (1878: 89-90); Machado & Machado (1953: IV, 228-229).
III. Antoloxías: Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 50).

Variantes manuscritas


3 quando ar] quandar V   5 que] e V   6 no] uo V   9 e no] eu V   11 non vos] nēu V   13 senhor, a que Deus] senhe a q̅ des V   16 é, non] ħ e nō V   17 queria non] ãria nē V

Variantes editoriais


1 vos] vus Stegagno Picchio   3 quando ar] quand’ar Nunes   5 vos] vus Stegagno Picchio   7 de vos] d’e[u] vus Stegagno Picchio   8 vos] vus Stegagno Picchio   10 vos] vus Stegagno Picchio   11 vos] vus Stegagno Picchio   14 vos] vus Stegagno Picchio   17 vos] vus Stegagno Picchio

Paráfrase


(I) Por vós, señora fermosa, des que vos vin, Amor faime vivir sempre coitado; porén, cando penso tamén en cal señora me fixo e fai amar, logo penso que quería amarvos máis cando penso tamén no mal que diso me vén

(II) por vós, a quen pesa que vos ame; alí me pesa de vos amar, mais, ao pensar no valor e na beleza que vos Deus deu, logo alí teño de pensar que quería amarvos máis cando penso tamén no mal que diso me vén

(III) por vós, señora, a quen Deus, polo meu mal, me vos fixo tan ben coñecer; pero sabede que, se eu teño algo de valor ou doutro ben, é por vós, e non por outra cousa, que quería amarvos máis cando penso tamén no mal que diso me vén.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:171)

Encontros vocálicos: 3 quando‿ar

Notas


Texto
  • *

    Esta composición é unha cantiga ateúda, con ligazón sintáctico-discursiva entre todas as súas estrofas, e así foi incluída na relación de cantigas ateúdas confeccionada por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).

    Editamos a cantiga, de retórica moi complexa, procurando encontrarlle sentido ao texto enviado polos manuscritos. Tal como a entendemos, a negativa dupla do primeiro verso do refrán constitúe unha especie de dupla lítote, que se neutraliza (non queria non vos querer ben / máis = quería amarvos máis), e consideramos a partícula máis do segundo verso do refrán como adverbio, non como conxunción adversativa. Ao longo das estrofas a voz poética combina argumentos positivos con outros negativos e ambos, paradoxalmente, lévano a non querer deixar de amar á senhor. A clave, de teor un tanto masoquista, dada nos últimos versos, sería esta: o ben e o valor que el ten é debido ao mérito de querer amala máis aínda cando pensa no mal que dela recibe.

    Por súa parte, a edición de Littera (acollendo unha suxestión de Nobiling 2007 [1908] 232) considera incompleta a cantiga e hipotiza a ausencia dunha fiinda. Tal decisión editorial provén do condicionamento sintáctico provocado pola consideración de mais no segundo verso do refrán como conxunción adversativa, tal como evidencia a puntuación:
              Por vós, senhor fremosa, pois vos vi,
              me faz viver coitado sempr’Amor;
              mais pero, quando ar cuid’em qual senhor
              me fez e faz amar, cuido log’i
                        que nom queria nom vos querer bem;
                        mais, quand’er cuido no mal que m’en vem

              por vós, a que pesa de vos amar,
              ali mi pesa de vos bem querer;
              mais, pois no prez cuid’e no parecer
              que vos Deus deu, log’i hei de cuidar
                        que nom queria nom vos querer bem;
                        mais, quand’er cuido no mal que m’en vem

              por vós, senhor, a que Deus por meu mal
              me vos tam muito ben conhocer fez.
              Pero sabede, se rem hei de prez
              ou doutro bem, por vós é, nom por al,
                        que nom queria nom vos querer bem;
                        mais, quand’er cuido no mal que m’en vem ...

  • 3

    Dun modo diferente a como acontece noutros contextos en que mais e pero funcionan como conxuncións independentes do punto de vista sintáctico (véxase 76.10, 301.16, 692.10, 728.16, 953.4, 1146.9), mais pero (mas pero en 268.16) constitúe unha locución conxuntiva equivalente a ‘non obstante, a pesar de, porén’.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado