I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 598-599 [= LPGP 976-977]); Littera (2016: II, 549-550).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 175); Machado & Machado (1960: VII, 66); Arbor Aldea (2016b).
2 e] ꞇ e A; coitado, se] coytad a se A 5 vos] uos A 6 vos] uos A 9 vos] uos A 12 vos] uos A; vos] uos A 19 vos] uos A
6 vos] vus Michaëlis 9 vos] vos Michaëlis 12 vos ... vos] vos ... vos Michaëlis 13 vos] vus Michaëlis 19 vos] vos Michaëlis 20 vos] vos Michaëlis
(I) Señora, eu vivo moi a meu pesar e moi coitado, así Deus me perdoe, por vós, que amo de todo corazón e a quen Deus me fixo amar, para o meu mal, e para o meu mal me vos foi mostrar, pois desde o día en que vos vin, señora, abofé, nunca a coita perdín
(II) por vós, que eu por mal de min amei desde que vos vin, certamente, señora, pois desde entón o voso amor me fixo vivir na coita moi grande que hoxe eu teño, e polo meu mal vos vin e vos falei, pois desde o día en que vos vin, señora, abofé, nunca a coita perdín
(III) por vós, que quero mellor que outra cousa, que Deus me fixo amar, para o meu mal, porque en tal coita me vexo vivir que xa perdín o sono e o siso, e por mal meu vos amo tanto, pois desde o día en que vos vin, señora, abofé, nunca a coita perdín (1) por vós, que amo moito máis ca a min: creédeme ben, señora, que é así.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10a 10C 10C (= RM 139:12) + 10c 10c
Esta composición é unha cantiga ateúda atá a fiinda, con ligazón sintáctico-discursiva entre todas as súas estrofas, incluída na relación de cantigas ateúdas confeccionada por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).
Estes dous versos aparecen integrados literalmente na primeira estrofa dunha cantiga de Pero Garcia Burgales (191.3-4):
Par Deus, sennor, ja eu non ei poder
de non dizer de quanto mal me ven
por vós, que quero mellor d’outra ren,
que me fez Deus, por meu mal, ben querer,
e o dormir, sennor, e praz-vos én,
e trage-m’en gran coita voss’amor:
tod’este mal me por vós ven, sennor.
A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. mí, func. 2). Véxase nota a 861.14. Cfr. nota a 177.22 e 243.16.
Resulta significativo comprobar a existencia da aférese de assi no encontro coa forma verbal é (véxanse tamén 179.30, 218.8, 246.15, 258.22, 284.16, 374.5, 511.5), que convive coa sinalefa é‿assi (509.7, 808.9, 1110.5, 1224.14, 1569.32); só existe hiato en 754.4) e co xeral ést’assi para evitala, con recurso á variante éste (cfr. nota a 88.10).