I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 320-321 [= LPGP 898-899]); Arias Freixedo (2010: IX); Littera (2016: II, 442-443).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 180); Braga (1878: 94); Machado & Machado (1953: IV, 257-258).
6 à] o V 8 algũa] alguna B 9 mi] nuj B 14 min] q̅ V 15 que m[e]] quen B : quē V
10 pois [que] tan bon parecer á] pois tan bon parecer [ela] á Nunes 14 per] por Nunes 20 lho] lhi Nunes, Littera
(I) Aínda que a miña señora nada me ha de facer senón mal, nin eu dela espero outra cousa, é tanta a súa beleza que a súa fermosura á forza me fai querela.
(II) Algunha vez gústame tentar non querela nunca máis, mais o resultado é moi diferente ao desexado, pois é tal a súa beleza que a súa fermosura á forza me fai querela.
(III) Amar por sempre esta dona é algo que eu non podo deixar de facer, pois Deus, que me quixo destruír, deulle unha beleza tal, que a súa fermosura á forza me fai querela (1) e fai que eu non teña poder para deixar de querela.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:379) + 8c 8c
Encontros vocálicos: 2 mi‿á; 6 mi͜-a; 9 esto‿al; 12 mi͜-a; 13 dona‿amar; 18 mi͜-a
A falta de unha sílaba métrica e da palabra rimante, xunto co sentido da pasaxe, xustifican a reintegración do adverbio ja.
A presenza de -n- na forma manuscrita <alguna> en B é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /ũ/, o mesmo que noutras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <bona> bõa e, esporadicamente, en <poner> põer, <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b.
A emenda de lho para lhi (Nunes, Littera) é desnecesaria, pois o pronome o refírese ao mui bon parecer da senhor.