911 [= RM 143,9]
Ora mi-o tenhan a mal sén

Ora mi-o tenhan a mal sén,
ca non leixarei a trobar
nen a dizer, eno cantar
que eu fezer, o mui gran ben
que vos eu quero, mia senhor,
e querrei mentr’eu vivo for.
Vós quant’eu poder negarei
que non sode-la que eu vi
(que non visse, ca des ali
fui sandeu!), mai-lo ben [direi]
que vos eu [quero, mia senhor,
e querrei mentr’eu vivo for].
Ben tenh’eu que m’estranhará
esto de vós, poi-lo disser;
mais sera o que Deus quiser,
ca o ben a dizer e[i] ja
que vos eu [quero, mia senhor,
e querrei mentr’eu vivo for].
E ben pod’ũa ren creer
quen me desto quiser cousir:
nunca m’ende pode partir
que o ben non aja a dizer
que vos eu [quero, mia senhor,
e querrei mentr’eu vivo for],
ca non querra Deus nen Amor
que vo-l’eu non queira, senhor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 

Manuscritos


B 909, V 496

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 328-329 [= LPGP 897-898]); Arias Freixedo (2010: XIII); Littera (2016: II, 445).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 181); Braga (1878: 94-95); Machado & Machado (1953: IV, 262-263).

Variantes manuscritas


6 querrei] queirey B   7 negarei] uegarey V   10 fui] foy V   13 estranhará] estranhaca BV   16 ca o] E no B   17 eu] ei V   21 nunca] Que nunca B : q̅mei ca V   23 eu] ei V   25 querra] queira B; Deus] des V; nen] non B   26 vo-l’eu non queira] uolea nō queyro B : uo leyuus q̅yra V

Variantes editoriais


10 fui] foy Nunes   12 mentr’eu] menti’eu Nunes   16 e[i] ja] é já Nunes, Littera   21 nunca m’ende pode partir] que nunca me pode partir Nunes : que nunca m’en pode partir Littera   26 que vo-l’eu non] qu’eu ley[xar]-vos Nunes

Paráfrase


(I) Xa mo poden considerar unha loucura, que non hei deixar de trobar nin de dicir, no cantar que eu fixer, o moito que vos quero, miña señora, e quererei mentres eu estiver vivo.

(II) Canto eu puider, negarei que vós non sodes a que eu vin (que non vise, pois desde alí perdín a razón), mais direi o ben que vos quero, miña señora, e quererei mentres eu estiver vivo.

(III) Ben penso que isto me afastará de vós, cando o dixer; mais será o que Deus queira, pois hei de dicir xa o ben que vos quero, miña señora, e quererei mentres eu estiver vivo.

(IV) E ben pode crer unha  cousa quen me quixer reprender por isto: nunca me fará renunciar a dicir o ben que vos quero, miña señora, e quererei mentres eu estiver vivo, (1) pois non ha querer Deus nin o Amor que volo eu non queira, señora.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:378) + 8c 8c

Encontros vocálicos: 22 ajaa

Notas


Texto
  • 2

    Na lingua trobadoresca o verbo leixar aparece en complexos verbais (leixar + infinitivo) tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase tamén 36.5, 308.16, 724.6 e 13 e 201065.5, 1416.14, 1590.14). Cfr. nota a 3.17.

  • 7

    O pronome persoal tónico oblicuo vós, que inicia a estrofa, é complemento directo sen preposición, tal como acontece con frecuencia no corpus trobadoresco.

  • 9-10

    Nótese a frase exclamativo-desiderativa, de carácter parentético, que non + pretérito de subxuntivo, neste caso amplificada cunha cláusula causal. Repetida ao longo do corpus sempre coa mesma fórmula, mostra especial preferencia polos verbos veer e nacer (véxanse 41.3, 178.17, 179.4, 270.20, 610.15, 621.3, 647.15, 1099.10 e 17, 1170.r2, 1412.10).

  • 10

    A simétrica expresión nas restantes estrofas (dizer, v. 3; a dizer ei, v. 16; aja a dizer, v. 22) indica que direi ten de ser a palabra rimante neste verso, pois faltan dúas sílabas na copia dos manuscritos.

  • 16-17

    Téñase en conta o hipérbato na expresión: «ca a dizer e[i] ja o ben que vos eu quero, mia senhor».

  • 21

    As edicións de Nunes e de Littera presentan unha diferente opción editorial, a partir da manutención de que inicial: en Nunes é omitido o pronome ende, e en Littera practícase a redución ende > én. Estas opcións son certamente plausíbeis; con todo, preferimos omitir a conxunción que, talvez inducida pola súa presenza nos dous versos seguintes (vv. 22 e 23).

  • 26

    Véxase a errada refacción do texto dos manuscritos, que, embora defectuosa, permite fixar o texto con seguranza, a partir fundamentalmente da lección de B, tendo en conta o erro <a>/<u>, e achegando a correcta lección <q̅yra> de V.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado