938 [= Tav 119,1]
Boa senhor, o que me foi miscrar

Boa senhor, o que me foi miscrar
vosco por certo soube-vos mentir
que outra dona punhei de servir;
de tal razon me vos venho salvar:
se eu a molher oje quero ben
senon a vós, quero morrer por én.
E, nobre amiga, pois vos sei amar
de coraçon, devedes receber
aquesta salva que venho fazer,
e non creades quen quer profaçar:
se eu a molher oje quero ben
senon a vós, quero morrer por én.
E, meu amor, eu vos venho rogar
que non creades nen un dizedor
escontra min, meu lume e meu amor,
dos que me queren mal [e] mal buscar:
se eu a molher oje quero ben
senon a vós, [quero morrer por én].
Nen quer’eu dona por senhor tomar
senon vós, que amo e quero amar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Esta cantiga fez Per’Eanes Marinho, filho de Joan Rodrigues de Valadares, per salvar outra que fez Joan Airas de Santiago, que diz as[s]i o começo:
          «Dizen, amigo, que outra sen[h]or
          queredes vós sen meu grado filhar».

Manuscritos


B 935, V 523

En B a rúbrica aparece copiada por Colocci na marxe inferior do folio, por baixo da columna b en que aparece recollida a composición.
En V a rúbrica foi copiada polo propio copista a seguir á cantiga, na pauta da columna b, como se fose unha cuarta estrofa.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 345-346 [= LPGP 763]); Lagares (2000: 131 [rúbrica]); Littera (2016: II, 279).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 189); Braga (1878: 99-100); Cotarelo Valledor (1933: 13-14); Machado & Machado (1953: IV, 301).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 31); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 189); Fidalgo (2009: 48).

Variantes manuscritas


Rúbrica: Marinho] marinħo V; Joan Rodrigues de Valadares] Johā rrse de Valadar̄ B : jehā rres deua(da) ladās V; per] por V; outra] ouqa B; fez] fen B; Joan] Jo. B; Airas] ayias V; Santiago] sanciago V; o começo] comē zo B : o mieço V; Dizen] dizer V; que outra] o q̄ ouqa B; senhor] sen̄ B : señ V; queredes] q̄ re dis V; vós] asy B; meu grado filhar] meo [   ] B

Texto: 1 o] e B; foi] fay V; miscrar] mostrar B : mistr̄ V   2 soube-vos] ssouleuos B : ssoubeuos V   3 servir] sseruir (de tal) V   4 me vos venho] meuꝯ uenhō B : meꝯ uen ħo V   6 morrer] moirer B   7 vos] uos BV   8 coraçon] coracom B : curacom V; receber] receler B   9 aquesta] In aquesta B; venho] nenhō B : uenhō V   10 creades] grades B; quen] ꝙʷ B; profaçar] pro facar B : ꝑfacar V   11 se eu] Ca se eu B : ca se eu V; oje] ege V   12 vós] uōs V   13 vos venho] uos uenhō BV   14 creades nen un] queades nen hun B : creades nē huū V   15 escontra] E scōqa B : e sā (q) cra V   16 dos] Das B : das V; mal buscar] b’uscar / Mal B : buscar mal V   17 se eu] casse eu BV; molher oje quero ben] malhi oge sso bem q̅ro V   19 quer’eu] qui seu B

Variantes editoriais


Rúbrica: Per’Eanes] Pero Anes Littera; Rodrigues] Peres Littera; per] por Lagares; as[s]i] assim Littera

Texto: 5 se] [ca] s(e) Nunes   7 nobre] nobr(e) Nunes   10 profaçar] porfaçar Nunes   11 se] [ca] s(e) Nunes   14 nen un] nen ũu Nunes : nẽum Littera   15 lume] lum(e) Nunes   16 queren mal [e] mal] querem vosco mal Littera   17 se] [ca] s(e) Nunes   19 quer’] quis Nunes

Paráfrase


(I) Boa señora, o que vos foi falar mal de min certamente vos soubo dicir con mentira que eu tentei servir a outra dona; de tal acusación me veño defender ante vós: se eu amo hoxe unha muller senón a vós, quero morrer por iso.
(II) E, nobre amiga, xa que vos sei amar de corazón, debedes aceptar esta defensa que veño facer, e non creades a quen quere calumniar: se eu amo hoxe unha muller senón a vós, quero morrer por iso.
(III) E, meu amor, eu vos veño rogar que non creades a ninguén que diga mal contra min, miña luz e meu amor, dos que me queren mal e buscan o meu mal: se eu amo hoxe unha muller senón a vós, quero morrer por iso.
(1) Nin quixen eu tomar unha dona por señora senón a vós, que amo e quero amar.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:197) + 10a 10a

Encontros vocálicos: 7 nobre‿amiga; 15 lume‿e; 20 amo‿e

Notas


Texto
  • *

    Tal como indica a rúbrica explicativa, esta cantiga toma como punto de partida unha cantiga de amigo de Joan Airas (UC 1008). Aínda que Per’Eanes Mariño non utiliza as mesmas rimas, si emprega a mesma estrutura estrófica da cantiga de Joan Airas (10a 10b 10b 10a 10C 10C) con fiinda de dous versos, polo que é probábel que tamén seguise a melodía. No texto modelo a voz feminina recrimínalle ao amigo estar mal aconsellado por querer, segundo ela oíu, causarlle pesar cambiándoa por outra senhor e dille que de nada lle servirá, pois xa todas saben que el é dela e ningunha o quererá por seu.
    Nesta réplica, a voz masculina deféndese declarando o seu amor total por ela pedíndolle que non faga caso das mentiras dos que lle queren buscar mal.

  • 1

    Sen dúbida é o carácter minoritario dun verbo como miscrar o que está na base da lección <mostrar> de B, con mellor transmisión en V (<mistr̄>), que só presenta a banal confusión <t>/<c>. Para alén do participio mizcrado, con diversos valores (véxase Glosario, s.v.), miscrar (de mĭsculāre, relacionado co lat. cl. mĭscēre ‘mesturar’), tamén en 1597.9, é usado co valor de ‘intrigar, malquistar’, e concorre con mizcrar (212.7, 1043.2, 1419.26) e mais con mezcrar (216.21): estas dúas variantes presentan consoante africada sonora implosiva en posición interior, de modo similar a mezquinho (370.3, 1672.17), que tamén concorre no corpus profano con mesquinho (1579.11) e misquinho (1440.7).

  • 2

    O verbo mentir ‘enganar, incumprir, dicir con mentira’, que habitualmente rexe dativo e se constrúe coa preposición a, ten neste caso un uso transitivo, confirmando que a transitividade é un concepto graduábel e variábel. Porén, é un uso ben escaso no corpus, pois só achamos outras dúas ocorrencias: a quen poser preito mentir-lho-ei (336.6); e meus preitos talhei / con Frei Rodrig’e mentiu-mi-os (1430.27).

  • 5

    Nunes restaura a conxunción causal ca no inicio deste verso primeiro do refrán a partir da súa presenza nos vv. 11 e 17. Porén, a interdición de sinalefa coa condicional se indica o carácter adventicio de ca e aconsella a súa expunción nas dúas últimas ocorrencias do refrán, como acontece por veces con outros elementos lingüísticos de escaso corpo fónico e alta frecuencia nos textos (e, iueu etc.). Véxase Ferreiro (2012b).

  • 9

    Salva ‘xustificación, desculpa’, derivado regresivo de salvar, só volve aparecer en 498.6.

  • 14

    A formación nominal dizedor, con evidente carga pexorativa, só aparece noutra pasaxe do corpus: Dizedor é de nemiga / e dira-o log’, amiga (1040.19).
    Resulta significativa a vacilación <un> B : <ũu> V para un elemento que, aínda presentando o formato máis arcaizante anterior á crase vocálica, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que ũu se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas. A variación gráfica un / ũu e algun / algũu rexístrase nun número limitado de contextos, en xeral coa forma un en B fronte a ũu en V: algun <algū> A, <algūu> B (130.15); un <hun> B, <huū> V (938.14, 1324.1 e 2, 1332.4, 1333.1, 1336.1, 1384.2, 1387.18, 1450.2 e 11, 1497.36) e <hū> B, <huū> V (1119.3 e 6)1 , xunto con un ũu <huū> B, <hū> V (1641.11); <huū> B, <hun> V (1649.8); <uū> B, <un> V (1663.6).

  • 15

    A invocación á dona como meu lume e meu amor é única no corpus das cantigas.

  • 16

    A rima estrófica solicita, en principio, unha inversión dos elementos finais do verso, tal como acontece noutras pasaxes ao longo das cantigas profanas, onde temos a certeza de que existe unha inversión (errada) de elementos na secuencia final de verso, evidenciada pola rima (véxase para outros casos similares 215.1, 383.12, 421.18, 590.1, 626.14, 688.20 etc.). De todos os xeitos, no verso seguinte (v. 17) volve aparecer algo similar en V, pois presenta invertidos, tamén en rima, os elementos <bem q̅ro> (> quero ben).

    Para alén desta proposta editorial, sería aínda posíbel manter a secuencia textual dos manuscritos, coa emenda da forma verbal (de infinitivo para P6 de presente de indicativo) cunha rima coa equivalencia /l/:/ɾ/ (rogar : mal), en liña con outros casos ao longo do corpus (véxase nota a 104.34-35):
              E, meu amor, eu vos venho rogar
              que non creades nen un dizedor
    ​​​​​​​          escontra min, meu lume e meu amor,
    ​​​​​​​          dos que me queren mal [e] buscan mal
    ​​​​​​​          se eu a molher oje quero ben
              senon a vós, [quero morrer por én].

  • 19

    A diverxencia presente / pretérito entre códices, e nomeadamente entre faz / fez, é relativamente frecuente, sobre todo entre as dúas ramas da tradición manuscrita das cantigas (A vs. BV); porén, é máis rara a diverxencia quer(o) / quis que se presenta neste verso: aínda que o pretérito quis de B está en consonancia co pretérito punhei do v. 3, optamos pola lección de V, que alarga o uso do presente na fiinda, para acompañar as outras formas quero (v. 19) e amo (v. 20).

  1. ^

    No v. 3: <hū> B, <hauī> V.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado