940 [= RM 150,3]
Amiga, do meu amigo

Amiga, do meu amigo
[o]i eu oje recado:
que é viv’e namorado
d’outra dona, ben vos digo;
mais jur’a Deus que quisera
oir ante que mort’era.
Eu era maravilhada
porque tan muito tardava,
pero sempr’esto cuidava,
se eu del seja vingada;
mais jur’a Deus que quisera
[oir ante que mort’era].
Mui coitada per-vevia,
mais ora non sei que seja
de min, pois outra deseja
e leixou min, que servia;
mais jur’a Deus que quisera
[oir ante que mort’era],
e a el mui melhor era,
e a min máis mi proug[u]era.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 937, V 525

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 250-251 [= LPGP 934]); Cohen (2003: 337); Pousada Cruz (2015: 183-184); Littera (2016: II, 497-498).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 190); Braga (1878: 100); Machado & Machado (1953: IV, 304).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 57); Piccolo (1951: 179-180); Nunes (1959: 290); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 231); Arias Freixedo (2003: 848-849).

Variantes manuscritas


12 seja] sia B   19 e a el] E nel B

Paráfrase


(I) Amiga, ouvín hoxe novas do meu amigo: que está vivo e namorado doutra muller, ben volo digo; mais xuro a Deus que antes quixera ouvir que morrera.

(II) E eu estaba marabillada porque tardaba tanto, e sempre pensaba nisto, así eu me vingue del; mais xuro a Deus que antes quixera ouvir que morrera.

(III) Vivía moi coitada, mais agora non sei que será de min, pois desexa outra e deixoume a min, a quen servía; mais xuro a Deus que antes quixera ouvir que morrera, (1) e a el moito mellor lle sería e a min máis me pracería.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’b 7’a 7’C 7’C (= RM 160:463) + 7’c 7’c

Notas


Texto
  • 10

    Nótese o uso de se ~ si equivalente a assi en frases optativo-desiderativas (100.1, 177.10, 188.11, 202.2, 221.2, 224.1, 277.23, 315.2, 511.14, 526.6 559.2, 573.12, 703.1, 720.1, 733.15, 845.11, 1042.16, 1140.10, 1284.18). Tal forma procede de sīc con cruzamento coa conxunción condicional se.

  • 13

    A forma verbal vevia (con disimilación similar á sofrida por dezia, véxase nota a 1.12) só volve aparecer noutra ocasión: 

    quand’alegria
    vevia
    no mund’... (888.50)

    Porén, a forma vevi comparece en 902.5 e 6, 960.18, 966.5 e 1060.6. Na realidade, vevia é forma extremadamente rara fronte á xeral vivia, tal como corresponde ao infinitivo viver. Só achamos un minúsculo número de atestacións da forma disimilada:

    Et [en] esa terra, en poder dos mouros, auia hũu moesteyro de mõges, que dizi[ã] Boriano, et ueui[ã] per lauor de [suas] mãos, et teni[ã] muyto pam [d’]orio et trijgo et millo et muytas legumyas (tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España); 

    Et o dito Johan Nunnes respondendo ao do dito testemoyo diso que obedeçia a dita carta do dito sennor rey commo a carta do seu rey et de seu sennor et que el que uevia con o conde don Pedro et que lle mandaua vsar et leuar a dita comenda et que el que vsaua della et a leuaua et que a queria vsar et leuar et que se a o dito bispo a desenbargase con o dito conde que el que a desenbargaria (doc. de 1381); 

    Et logo o dito Gomes Rodrigues diso que por quanto o dito Johán d ' Ayra e seus conpañeiros veuían en terra de Çerreda, que era en terra do señor conde Lemos (doc. de 1457); 

    todo esto per lo moordomo do prior do dito moesteiro, ao qual daredes de comer et de ueuer en quanto medyr os ditos nouos, et seredes todos basalos seruentes et obedientes ao dito moesteiro, et non veuiredes con outro señor, nen tomaredes outro amadego, nen venderedes, nen deytaredes nen subppinoraredes o dito foro sen mandado do dito moesteiro (doc. de 1458); 

    por quanto o que fesera fora por mandado do dito señor obispo, con que veuía e cuio criado era, a quen auía de obedesçer, e que o pedía por testemuyo (doc. de 1467); 

    Ho quoal elrey Chytarao, despois que reynou, foy llamçado sempre aos viços e tiranyas, semdo homem de muy pouca verdade, de que ho povo e capitaẽes, de sua maa vyda e ymclinação, vevião muy descontentes, por que não fazia mais que ho que querião dous cunhados seus, homẽes muy malquystos, e muyto gramdes judeus (Chronica dos Reis de Bisnaga).

  • 14

    Neste verso aparece novamente o pronome persoal tónico, oblicuo, min como CD sen preposición, tal como se percibe con frecuencia na lingua trobadoresca (e especialmente co verbo leixar). 

Buscar
    Non se atopou ningún resultado