941 [= Tav 150,5]
Ir-vos queredes, amigo, [d’aqui]

Ir-vos queredes, amigo, [d’aqui]
e pesa-m’end’, assi me valha Deus,
e pesa-mi por estes olhos meus
e porque sei que viverei assi
como vive quen á coita d’amor
e non á de sí nen de ren sabor.
Des u vos vós fordes, ja i al non á,
por Deus, amigo, mais eu que farei?
Ca outro conselh’eu de min non sei
senon viver, enquanto viver ja,
como vive quen á coita [d’amor
e non á de sí nen de ren sabor].
Esta [i]d’, amigo, tan grave m’é
que vo-lo non saberia dizer;
mais, pois end’al ja non pode seer,
se viver, viverei, per bõa fe,
como vive quen á coita d’amor
[e non á de sí nen de ren sabor].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 938, V 526

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 251 [= LPGP 934-935]); Cohen (2003: 338); Pousada Cruz (2015: 185); Littera (2016: II, 498).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 190); Braga (1878: 100); Machado & Machado (1953: IV, 305).

Variantes manuscritas


1 Hiruꝯ queredes ay meu amigo B : Hiruꝯ queređs ay meu amigo V   7 ja] eia BV   8 Deus] des V   9 outro] out̃ B   10 enquanto] eu quanto V   11 vive] \u/yue V   16 bõa] bona B

Variantes editoriais


1 Ir-vos queredes, amigo, [d’aqui]] Ir vos queredes |ai meu| amigo, <d’ aqui> Cohen : Ir-vos queredes, ai, meu amigo, [i] Pousada Cruz   2 m’] me Nunes   7 vós] om. Cohen, Pousada Cruz, Littera; e ja] om. Nunes

Paráfrase


(I) Querédesvos ir, amigo, de aquí, e pésame diso, así me valla Deus, e pésame por estes ollos meus e porque sei que vivirei así como vive quen ten coita de amor e quen gusto non ten nin de si nin de ningunha outra cousa.
(II) Desde que vos fordes, non hai xa dúbida, por Deus, amigo, e que farei? Pois eu non sei outro remedio para min máis que vivir, mentres viva, como vive quen ten coita de amor e quen gusto non ten nin de si nin de ningunha outra cousa.
(III) Esta partida, amigo, pésame tanto que non sería quen de o expresar;  mais, xa que niso non se pode facer outra cousa, se vivo, vivirei, sen dúbida, como vive quen ten coita de amor e quen gusto non ten nin de si nin de ningunha outra cousa.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:230)

Encontros vocálicos: 7 i‿al

Notas


Texto
  • 1

    O verso transmitido en BV (Ir-vos queredes, ai meu amigo) é un eneasílabo grave, cando a estrutura métrica da cantiga solicita un decasílabo agudo con rima -i. Desde as primeiras edicións xa se estabeleceu o texto que semella máis acaído, eliminando o sintagma ai meu, que pode deberse a unha simple trivialización, e engadindo o segmento final d’aqui, que puido omitirse xa nunha fase previa á compilación de que se tiraron os apógrafos ou, inclusive, nesta. A emenda proposta é coherente co sentido do texto e, mesmo, con outra cantiga do mesmo Sancho Sanchez:
              Que mui gran torto mi fez, amiga,
              meu amigo quando se foi d’aqui
              a meu pesar, pois que lho defendi (942.2)
    ​​​​​​​          ......................................................
    ​​​​​​​          Tanto mi fez gran pesar sobejo
    ​​​​​​​          en s’ir d’aqui que ouve de jurar,
    ​​​​​​​          mentre vivesse, de lhi non falar (942.7).

    A opción editorial de Pousada Cruz, embora máis cinxida ao texto dos apógrafos (só acrecenta i como palabra rimante), non cadra coa ida do amigo, que parte do lugar en que se encontra a amiga, como se sinala no desenvolverse da cantiga.

  • 7

    Os editores máis recentes da cantiga (Cohen, Pousada Cruz, Littera) consideraron a presenza espuria de vós por non consideraren a sinalefa ial, que podemos achar, por exemplo, en 460.19. Por outra banda, si é necesaria a expunción da copulativa e (Nunes preferiu –erradamente– omitir ja), que non forma parte da expresión formularia ja i al non á ‘certamente, sen dúbida’. En efecto, esta fórmula presenta variacións no corpus, tales como non á ja i al (só en 495.24), non á i al (105.9, 217.24 e 245.15), ou outras similares do tipo u al non á, u non jaz al etc., mais sempre sen o enlace copulativo.

  • 16

    A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> de B (cfr. <boã> en V) é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de V). Esta mesma circunstancia verifícase noutras voces que se rexistran de forma esporádica sobre todo nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta), como <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado