944 [= Tav 150,6]
Muit’atendi eu ben da mia senhor

Muit’atendi eu ben da mia senhor,
e ela nunca [ben] me quis fazer,
e eu non tenho i al senon morrer,
pois que m’ela non val nen seu amor;
mais Deus, que sabe ben que ést’assi,
pois eu morrer, demande-lho por min.
Servi-a sempre mui de coraçon
enquanto pudi, segundo meu sén,
e ela nunca me quis fazer ben,
e eu non tenho i al se morrer non;
mais Deus, que sabe ben que ést’assi,
pois eu morrer, demande-lho por min.
Servi-a sempr’e non catei por al
des que a vi e sempre aver cuidei
algũu ben dela, mais ben vej’e sei
que morte tenh’i, pois que me non val;
mais Deus, que sa[be] ben que ést’assi,
pois eu morrer, demande-lho por min.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 941, V 529

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 347-348 [= LPGP 935]); Pousada Cruz (2015: 193); Littera (2016: II, 499-500).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 191); Braga (1878: 101); Machado & Machado (1953: IV, 308).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 226).

Variantes manuscritas


1 eu] en B   2 me] que V   3 tenho] tenhe BV; morrer] moirer B   5 ben] om. V   6 morrer, demande] moirer demanande B   7 coraçon] coracon B   8 enquanto] en q̄ nto V   9 nunca] nnnca B   10 se morrer non] se non moirer B : se nō morrer V   11 Deus] des V   12 eu morrer] en moirer B   13 catei] carey V   15 algũu] Algūn B   16 tenh’i] ten hy BV   17 Deus] des V   18 eu morrer] en moirer B

Variantes editoriais


2 nunca [ben] me quis fazer] nunca me quis [ben] fazer Pousada Cruz   3 tenho] tenh(o) Nunes   6 min] mi Nunes, Littera   10 tenho] tenh(o) Nunes   12 min] mi Nunes, Littera   13 sempr’e] sempre Pousada Cruz   14 sempre] sempr’ Nunes   15 algũu] algun Nunes : algum Littera   18 min] mi Nunes, Littera 

Paráfrase


(I) Moito esperei eu polo ben da miña señora e ela nunca me quixo facer ben, e non vexo outra saída agás morrer, xa que ela non me auxilia nin o seu amor; mais Deus, que sabe ben que é así, despois de eu morrer, demándello por min.
(II) Servina sempre moi de corazón mentres puiden, segundo o meu parecer, e ela nunca me quixo facer ben, e eu non teño outra saída senón morrer; mais Deus, que sabe ben que é así, despois de eu morrer, demándello por min.
(III) Sempre a servín e non me interesei por outra cousa desde que a vin e sempre pensei recibir algún ben dela, mais vexo e sei que aí me espera a morte, xa que (ela) non me auxilia; mais Deus, que sabe ben que é así, despois de eu morrer, demándello por min.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:231)

Encontros vocálicos: 3 tenho‿i; 10 tenho‿i; 14 sempre‿aver; 15 al·gũ͜u

Notas


Texto
  • 2

    A distribución harmónica de acentos no verso aconsella a reintegración de ben (cfr. a necesidade de unha sílaba métrica) en nunca [ben] me quis fazer (cfr. e ela nunca me quis [ben] fazer en Pousada Cruz).
    Por outra banda, resulta significativa a errada lección <que> me de V, que debe proceder dunha cadea de equivalencia <qu>→<ch>→<m> (véxanse erros similares en 1093.3, 1233.7, 1666.5). Véxase Ferreiro (2012c).

  • 8

    De novo en Afonso Sanchez se rexistra a frase formularia aseverativa segundo meu sén, relativamente frecuente no corpus (415.29, 487.2, 943.4, 1063.8, 1110.7, 1172.5, 1183.2, 1583.3). Para fórmulas similares véxase nota a 65.3, 228.8, 230.10

  • 13-15

    Pousada Cruz non segmenta a copulativa en sempr’e e estabelece un texto parentético na pasaxe que tamén sería posíbel, embora fique mellor articulación sintáctica co polisíndeto copulativo:
              Servi-a sempre, non catei por al
              des que a vi e sempre aver cuidei
    ​​​​​​​          algun ben dela, ...

  • 15

    O indefinido ũu debería, aparentemente, computar como bisilábico, e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora; e o mesmo acontece con algũu (e neũu), que case sempre computa como bisilábico. E algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.

     

Buscar
    Non se atopou ningún resultado