I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 252-253 [= LPGP 934]); Cohen (2003: 340); Pousada Cruz (2015: 190-191); Littera (2016: II, 499).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 191); Braga (1878: 100-101); Machado & Machado (1953: IV, 307); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 161).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 232); Arias Freixedo (2003: 850-851); Souto Cabo (2017: 241).
2 meu] men B 4 i] lhy V 8 morrerá] moirera B 9 vi-o eu] uyueu B : uyuen V 10 morrer] moirer B 11 era] era e V 13 Meu] Men BV 17 era] era o V
4 i] lh’i Pousada Cruz 16 m’én] me Nunes
(I) O outro día, en San Salvador, vin o meu amigo, que me ama moito, e nunca houbo muller máis coitada do que o fun eu, segundo creo, pensando, amiga, en que era melhor: se o matar ou se lle facer ben.
(II) El está tan coitado de amor por min que morrerá se non obtén o meu ben; e eu vino alí e –como vos diría?– houben morrer por iso, pensando, amiga, en que era melhor: se o matar ou se lle facer ben.
(III) Meu é o poder, pois son dona de facer del o que a min me praza; mais el estivo alí tan coitado que non me foi necesario iso para nada, desde que o vin, pensando, amiga, en que era melhor: se o matar ou se lle facer ben.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10A 10C (= RM 183:9)
Encontros vocálicos: 10 ouvi‿a
San Salvador probabelmente se refira ao santuario de San Salvador de Bastavales, no concello de Brión, ben próximo a Santiago de Compostela (Souto Cabo 2012b: 780-781).
Por causa da existencia de contextos similares, Pousada Cruz decidiuse pola lección de V (e nunca máis coitada foi molher / do que eu lh’i fui), certamente posíbel; con todo, e para alén da prioridade que concedemos a B, nótese como a referencia espacial aparece sen pronome asociado no v. 9 (e vi-o eu ali) e, sobre todo, no v. 15 (mais foi i tan coitado).
A frase formularia aseverativa segundo meu sén é frecuente no corpus (415.29, 487.2, 944.8, 1063.8, 1110.7, 1172.5, 1183.2, 1583.3). Para fórmulas similares véxase nota a 65.3, 228.8, 230.10.
Os dous manuscritos que transmitiron a cantiga presentan a lección errada <uyu> en vez do necesario vi-o, por razóns sintácticas e métricas.
Nótese como no Cancioneiro da Vaticana aparece no verso do refrán da estrofa II, así como no v. 17 (estrofa III), un espurio artigo (*qual era o melhor), que sería estraño na expresión e excedente na medida do verso.
Aínda que a lección <coitado> está presente nos dous manuscritos, debe ser considerada a posibilidade dun erro por <coitada>, de modo a pasaxe cadraría mellor co refrán e co resto da cantiga, pois a voz poética feminina está a falar de que non hai no mundo outra muller tan coitada coma ela. Manteríase así o paralelismo conceptual coas outras estrofas (vv. 4-5 e v. 10). Se así for, a forma verbal foi sería P1, pois o suxeito sería a propia muller que fala.