Após o v. 6 e o número 955, en B aparece copiado o íncipit da seguinte cantiga (nº 958): Senhor fremosa do bon parecer.
I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 372-373); Rodríguez (1980: 101 [= LPGP 401-402]); Littera (2016: I, 432).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 194-195); Braga (1878: 103); Gassner (1933: 405-406); Machado & Machado (1953: IV, 324); Fernández Pousa (1959: 95).
6 fazer a mí] tazer amī V 7 vos] nꝯ V; ir-m’eu] hirmey V 11 á mí] haami V; vosso] uossa B 12 e] et V; senhor] señ V; mui] (g) uuy B : gruy V; gran mal] g̃uyus V 15 morr[er]edes] moiredes B : morredes V 17 que ꝓl amī guarir (eu uos senhor ematar) / eu uos senhor V 18 mí] mī V 19 guarredes] guairedes B 20 e] Et B : et V; morrerei] moirerey B
5 á mí] á [a] mi[n] Rodríguez : há [a] mim Littera 6 mí] min Nunes, Rodríguez : mim Littera 7 muito] om. Rodríguez 11 á mí] á a min Rodríguez : há a mim Littera 12 mí] min Nunes, Rodríguez 17 á min] á [a] min Rodríguez : há [a] mim Littera 18 mí] min Nunes, Rodríguez : mim Littera 19 vós] vos Nunes
(I) Que difícil me resulta agora, señora, facervos un pracer moi grande, porque me quero ir lonxe de vós vivir e por isto vos veño preguntar: que proveito ten para min facervos a vós pracer e facerme a min, señora, un gran pesar?
(II) Sei que vos prace moito que eu me vaia de aquí, porque dicides que non é bo para vós que eu more preto de vós, e por iso quero que vós me digades outra cousa: que proveito ten para min facervos eu a vós ben e facerme a min, señora, moi gran mal?
(III) Dicides que me tendes desamor porque moro preto de vós, señora, e que morreredes se eu non me for; mais dicídeme xa –que me quero ir–, que proveito ten para min salvarvos eu a vós, señora, e matarme a min, que morro por vivir?
(1) E vós sobreviviredes sen min, miña señora, e eu morrerei desde que non vos vexa.
Esquema métrico: 10a 10a 10a 10b 10a 10b (= RM 13:20)
Encontros vocálicos: 13 mi‿avedes
A vogal final -i de longi (tamén en 33.6, 323.7, 721.12, 800.5, 916.4, 966.9, 1032.24 e 1139.2, 5, 7 e 10), a convivir con longe, tamén aparece noutros dous adverbios: tardi (véxase nota a 1008.16) e eiri (véxase nota a 114.9), talvez por influencia deste (Mariño Paz 2009: 83). Nos nomes só se rexistra sangui (véxase nota a 1410.17).
O paralelismo construtivo dos vv. 5, 11 e 17 levou os editores precedentes a unha acción niveladora na expresión aver prol + (a) + mi(n): Nunes optou pola omisión da preposición no v. 11, mentres que Rodríguez a reintegrou nos vv. 5 e 17. Acollemos a solución de Nunes por ser esa a lección de B, prioritaria fronte a V, para alén do feito de que este tipo de construción no corpus en xeral (mais cfr. 879.3) non presenta a preposición a, que é absorbida foneticamente pola forma verbal á: non mi á min prol (117.14), non mi á min mester (150.9), non á min por senhor (730.15):
que prol á mí fazer-vos eu prazer (v. 5)
que prol á mí fazer eu vosso ben (v. 11)
que prol á min guarir eu vós, senhor (v. 17).