998 [= Tav 155,2]
Des quand’eu a mia sennor entendi

Des quand’eu a mia sennor entendi
que lle pesava de lle querer ben
ou de morar u lle dissesse ren,
veed’, amigos, como m’én parti:
leixei-ll’a terra por lle non fazer
pesar, e viv’u non posso viver
senon coitad’; e máis vos én direi:
pero m’eu viv’en gran coita d’amor
de non fazer pesar a mia sennor,
veed’, amigos, que ben m’én guardei:
leixei-ll’a terra por lle non fazer
[pesar, e viv’u non posso viver]
senon coitado no meu coraçon,
ca me guardei de lle fazer pesar;
e, amigos, non me soub’én guardar
per outra ren se per aquesta non:
leixei-ll’a terra p[or] l[le] n[on fazer
pesar, e viv’u non posso viver].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 294, B 994, V 583

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 591 [= LPGP 972]); Littera (2016: II, 546-547).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 209); Braga (1878: 112); Carter (2007 [1941]: 173); Machado & Machado (1953: IV, 384-385); Arbor Aldea (2016b).

Variantes manuscritas


1 Des] Es A; quand’eu] quandheu B   2 lle] lhi BV; lle] lhi BV   3 lle] lhi BV   4 amigos] amigus V   5 leixei-ll’a] leixeyla V; terra] teira B; lle] lhi BV   6 viv’u] uyuo hu B : uiuo hu V   7 vos] uos A   8 m’eu] men V   10 ben] mui ben A   11 terra] tirā BV; lle] lhi BV   13 coraçon] coracon B   14 lle] lhi BV

Variantes editoriais


7 vos] vos Michaëlis

Paráfrase


(I) Des que eu entendín que á miña señora lle pesaba que a amase ou que morase onde lle dixese algunha cousa, vede, amigos, como deixei de facelo: abandonei a terra para non lle causar pesar, e vivo onde non podo vivir (II) senón coitado; e direivos aínda máis: embora eu viva en gran coita de amor, vede, amigos, que ben me gardei de lle non causar pesar á miña señora: abandonei a terra para non lle causar pesar, e vivo onde non podo vivir (III) senón coitado no meu corazón, porque me gardei de lle causar pesar; e, amigos, non me souben gardar diso por outra vía agás por esta: abandonei a terra para non lle causar pesar, e vivo onde non podo vivir.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:238)

Notas


Texto
  • 4

    Repárese en <amigus> coa terminación gráfica -us (<amigus> V) que é relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana. Na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us (cfr. amig9 vv. 10 e 15).

  • 10

    A aparición de mui en A, que converte o verso en hipermétrico, mostra como se poden entremeter con certa frecuencia elementos –en xeral de reducido corpo gráfico-fónico– que deben ser omitidos no proceso de fixación textual. Para a intromisión espuria de mui véxase B vs. A (65.1, 257.1), A vs. B (369.3), BV vs. A (417.15), B vs. V (423.17, 810.14), así como 812.14 ou 995.5.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado