904 [= RM 143,7]
Ja eu non am[o] a quen soia

Ja eu non am[o] a quen soia
nen ei a coita que ant’avia,
e pesa-mi, par Santa Maria,
ca m’ei outra coita d’amor maior.
Nostro Senhor, quen m’oj’a mí desse
que a que ben quigi ben quisesse,
ca tenh’eu que meor coita ouvesse,
ca m’ei outra coita [d’amor maior!]
E mentr’eu dela fui namorado
nunca me viron desacordado;
mais ora ja non á i recado,
ca m’ei outra coita [d’amor maior].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 904, V 489

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 315 [= LPGP 896-897]); Arias Freixedo (2010: VI); Littera (2016: II, 440).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 179); Braga (1878: 93); Machado & Machado (1953: IV, 254).
III. Antoloxías: Magalhães (2007: 120).

Variantes manuscritas


1 Ja] I ia B   3 par] per B   7 eu] en V; meor] me(y)or V   10 viron] uiyrō V

Variantes editoriais


7 coita] coyt(a) Nunes

Paráfrase


(I) Xa non amo a quen adoitaba amar, nin sufro a coita que antes sufría, e pésame, por Santa María, porque agora teño outra coita de amor maior.

(II) Noso Señor, quen me dese hoxe que amase aquela que amei! Ben penso que (así) tería unha coita menor, porque agora teño outra coita de amor maior.

(III) Mentres estiven namorado dela nunca me viron perder a razón, mais agora xa non hai remedio para iso, porque agora teño outra coita de amor maior.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 9’a 9’a 9’a 10B (= RM 11:9)

Encontros vocálicos: 1 so·i·a; 7 coitaouvesse

Notas


Texto
  • *

    Existe unha outra posibilidade de fixación do refrán desta cantiga, proposta por Montero Santalla (2000: 506) a partir da rima -or, que implicaría un refrán biversal (8B 2B):
              ca m’ei outra coita d’amor
                         maior.
    Porén, tanto a copia nos apógrafos nun único verso, supervisada en B por Colocci, como o usus scribendi de Roi Fernandiz de Santiago, que en ningún outro refrán utiliza unha combinación de versos asimétricos, aconsellan un refrán de verso único, por máis que presente medida decasilábica en contraste cos eneasílabos do corpo estrófico.

  • 4

    Embora a posíbel lectura c'amei outra coita d'amor maior fique descartada por ser regra que a conxunción ca non contraia coa palabra seguinte comezada por vogal (cfr. Cunha, 1961: 75-77 e 166-170; Ferreiro 2012b), a ambigüidade entre ambas as lecturas (ca m’ei / c’amei) é perfectamente funcional na interpretación oral, isto é, cantada, da cantiga.

  • 10

    Desacordar (e o seu participio desacordado) é formación romance frecuente na lingua medieval, procedente de des- + acordar (véxase CGPA, s.v.).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado