314 [= Tav 72,10]
Nostro Sennor, que me fez tanto mal

Nostro Sennor, que me fez tanto mal,
ainda me poderia fazer ben
se mia sennor, per quen este mal ven,
eu visse ced’; e non lle peço al,
ca, se eu fosse fis de a veer,
non querria do mundo máis aver.
Por quanto ll’eu roguei e lle pedi
quand’eu podia veer mia sennor,
non llo peço nen querria mellor
de mi-a mostrar u m’eu dela parti,
ca, se eu fosse f[is] d[e] a v[eer,
non querria do mundo máis aver],
ca muit’á ja que ll’eu sempre roguei
por outro ben, e non mi-o quis El dar,
de mia sennor, e fui-mi ora rogar,
que a non vej’e non a veerei,
ca, se eu fosse fi[s] de a v[eer
non querria do mundo máis aver].
E rogo-ll’eu que, se ll’a El prouguer,
mostre-mi-a ced’, e quanto mal me fez
non sera ren se m’oir esta vez
meu Sennor Deus e mi-a mostrar quiser,
ca, se eu fosse f[is] d[e] a veer,
[non querria do mundo máis aver].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


A 203, B 354

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 395-396 [= LPGP 473]); Littera (2016: I, 549-550).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 129-130); Carter (2007 [1941]: 119); Machado & Machado (1950: II, 120-121); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 314).

Variantes manuscritas


1 me] mj B   3 quen este] que meste B   4 lle peço] lhi peçeu B   5 ca] a A   6 querria] queiria B   7 lle] om. B   8 quand’eu] quand(o) eu A   9 llo] lhi B; querria] queiria B   10 mi-a] mj B   15 de mia sennor, e fui-mi ora rogar] Da mha senhor e fuy mho eu gⁱsar B   16 a veerei] au’ey B   19 rogo-ll’eu] irogueilhi B   20 mostre-mi-a ced’, e] Mostramha ceden B   21 m’oir] moiel B

Variantes editoriais


2 poderia] podera Michaëlis : pod’ria Littera    5 fis] fiz Littera   9 non] nen Michaëlis   11 f[is]] fiz Littera   15 rogar] guisar Littera   17 f[is]] fiz Littera   23 f[is]] fiz Littera

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:122)

Encontros vocálicos: 10 mi-‿a; 14 mi-‿o; 15 -mi‿ora; 20 -mi-‿a; 22 mi-‿a

Notas


Texto
  • 2

    O verso é hipermétrico agás que consideremos unha sinérese en ainda, dun modo similar ao que parece ser frecuente en soia, forma repetidamente bisilábica: esta mesma forma verbal parece computar como dúas sílabas tamén noutras ocasións (20.11, 58.12, 1197.29), para alén de xa se rexistrar a variante suia (<ssuya>) en 921.4, frecuente en textos prosísticos (desde textos tabeliónicos galegos até a Crónica Geral d’Espanha de 1344 ou as crónicas de Fernão Lopes), con grafías diversas: suia, suya, suhya... (véxase CGPA, s.v.). 

    Para resolver esta hipermetría, Michaëlis mudou o tempo verbal en prol de podera e en Littera recorreuse a unha síncope pod’ria nunca rexistrada no corpus trobadoresco.

  • 5

    Nótese a teima de transformar o provenzalismo fis (véxase Glosario, s.v.) nunha forma fiz en Litera, en todas as ocorrencias do refrán.

  • 20

    Neste verso detéctase unha anómal posposición do(s) clítico(s) nunha cláusula subordinada. Neste sentido, cómpre lembrar que ao longo do corpus trobadoresco profano se detectan algúns casos de posposición anómala de pronomes clíticos en oracións subordinadas en que a conxunción implica, como norma, a anteposición pronominal: ca en tal ora nado / foi que, mao pecado, / amo-a endoado (22.r6-7); e sei que faço-vos, de pran, / pesar (76.15); que m’ei a queixar, se quiser- / -lle pedir alg’ou a veer (123.24-25). Algo moi similar acontece nalgunhas cláusulas causais dependentes de ca ~ que. Na prosa pode acharse moi esporadicamente algún uso similar. et outrosi moy bõos pascos pera os gáándos, que rregauasse toda por pe ante que Deus destroysse aSsodoma et aGomorra por la maldade dos que em ellas morauã (Martínez López 1963: 190); tamén na Crónica Geral de Espanha de 1344: E el ouve dello grande pesar, ca amavaa muyto de coraçon (Cintra 1952-1990: IV, 442).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado