I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 134 [= LPGP 925-926]); Cohen (2003: 200); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 222); Littera (2016: II, 490).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 126); Braga (1878: 60); Machado & Machado (1953: IV, 7).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 66-67).
2 a] om. V; buscastes] buscates B 4 vos] uos BV; outra] ontra B 7 El verra] <...> B; ben o] bēno V (co til riscado); sabades] satades B : sabades V 14 en outra terra] ue out̃ <...> B : e nos out̃ q̅rra V 15 ande] andem B; comigo] comiga V 17 por el] po(o) rel B
7 sabades] sabiades Nunes, Littera : sabhades Cohen 16 vós] vos Nunes
(I) O meu amigo, ai amiga, a quen moito proveito buscastes cando me rogastes por el, aínda que vos diga outra vez que vós por el me roguedes, nunca me por el roguedes.
(II) El ha vir, sabédeo ben, dicirvos que está coitado; mais nin sequera é cousa de pensar, aínda que o vexades morrer, que vós por el me roguedes: nunca me por el roguedes.
(III) More meu amigo noutra terra tanto canto quixer, e discuta comigo; mais, aínda que ante vós suplique que vós por el me roguedes, nunca me por el roguedes.
Esquema métrico: 7’a 7’b 7’b 7’a 7’C 7’C (= RM 160:462)
Encontros vocálicos: 14 amigo‿en; 15 comigo‿a
A lección <sabades> de V confirma a existencia desta regularizada variante morfolóxica da P5 do presente de subxuntivo de saber, que na lingua trobadoresca presenta decote a forma sabiádes. Ese carácter minoritario é talvez o que explica o erro na lección de B para unha forma que se rexistra con relativa frecuencia nos textos prosísticos de diversa condición, con existencia de todo o paradigma temporal de presente de subxuntivo no Corpus Galego-Portugués Antigo (véxase CGPA, s.v. saba, sabas etc.)
Nótese que andar a guerra é expresión metafórica por ‘convivir conflituosamente’.
A liña discursiva do texto indica que debemos afastar sintacticamente mais e pero, confirmando a variación funcional de que no refrán: completivo nas estrofas I-II, final na estrofa III. Cfr. nota a 27.4.