743 [= RM 140,2]
O meu amigo non á de mí al

O meu amigo non á de mí al
senon gran coita, que lhi nunca fal,
e, amiga, o coraçon lhi sal
por me veer; e dized’ũa ren:
pois m’el ben quer, e que lh’eu faça mal,
que faria se lh’eu fezesse ben?
Des que naci nunca lhi fiz prazer
e o máis mal que lh’eu pudi fazer
lhi fiz, amiga; e quero saber
de vós, pois este mal por mal non ten
e lh’eu mal faç’e por mí quer morrer,
que faria [se lh’eu fezesse ben?]
Ele quit’é por mí d’outra senhor
e faço-lh’eu cada dia peior,
pero, amiga, a min quer melhor
ca sí nen al; e, pois lh’assi aven,
que lh’eu mal faç’e m’el á tal amor,
que faria [se lh’eu fezesse ben?]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 728, V 329

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 148-149); Ferreiro (1992: 91 [= LPGP 884]); Cohen (2003: 216); Littera (2016: II, 432).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 130); Braga (1878: 63); Machado & Machado (1953: IV, 24).
III. Antoloxías: Magalhães (2007: 94).

Variantes manuscritas


5 faça] faca B; mal] mal(s) V   7 naci] eu naçi BV   11 faç’e] faze V; morrer] moirer B   12 faria] fa B : mha V   14 faço] faco B   16 ca si] caassy BV   16 pois] pors B

Variantes editoriales


5 e que] e[n] que Nunes   7 naci] eu naci Ferreiro   13 Ele quit’é] El é quite Nunes, Ferreiro, Cohen, Littera   16 ca sí] ca a si Nunes, Ferreiro

Paráfrasis


(I) O meu amigo non recibe de min outra cousa senón unha gran coita, que nunca lle falta, e, amiga, sáelle o corazón (do peito) por me ver; e dicídeme unha cousa: pois el me ama, aínda que eu lle faga mal, que faría se lle fixese ben?

(II) Desde que nacín nunca lle fixen nada pracenteiro e fíxenlle todo o mal que eu lle puiden facer, amiga; e quero saber de vós, pois este mal el non o ten por mal e eu lle fago mal e el quere morrer por min, que faría se lle fixese ben?

(III) El deixou outra señora por min e eu fágolle cada día peor, pero, amiga, ámame a min máis que a si mesmo ou que a calquera outra cousa; e xa que isto é así, que eu o trato mal e el me ten tal amor, que faría se lle fixese ben?

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 10b 10a 10B (= RM 13:25)

Notas


Texto
  • 5

    Ao longo do corpus das cantigas profanas detéctase a aparición dunha locución e que de carácter concesivo (‘aínda que’), ás veces emendada polos editores para en que (Nunes) por ser infrecuente no período medieval:

    se poderia de vós aver ben,
    e que fezes[s]’eu i pesar a quen
    vós sabedes no vosso coraçon
    que vos fez el muitas vezes pesar (402.6);

    quand’aqui chegar,
    e que lh’eu falar non quiser,
    muito terrá que baratou
    mal porque tan muito tardou (729.4);

    E que me non pesass’a mí por al,
    pesar-mi-á [én] muito por ũa ren: / ... (818.7);

    E que mi queirades valer,
    ai coita do meu coraçon,
    ben sei eu, se Deus mi perdon: / ... (885.6);

    e des oimais, quer se queixe, quer non,
    e que se queixe, non mi pode dar
    maior afan (1128.12).

    De todos os xeitos, a existencia desa locución é confirmada polo seu uso noutras obras fóra do ámbito das cantigas:

    E que [ed.: E, que] vos eu quisesse contar como el rei dom Rodrigo era vestido e da sua nobreza, certo eu nõ saberia dizer cõ verdade (Crónica Geral d’Espanha de 1344; Cintra 1952-1990: 330)

    e que o fosse, foy-o de hũu mui nobre rrei (Fernão Lopes, Crónica de D. Fernando; Macchi 2004: 255).

  • 7

    A imposibilidade dunha sinalefa *queeu indica que máis unha vez o pronome persoal aparece espuriamente introducida no texto (cfr. a súa presenza no verso seguinte), como acontece con certa frecuencia ao longo do corpus trobadoresco: así se verifica nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.

  • 13

    Fronte ás anteriores edicións, que segmentan <ele> como el é (quite), semella preferíbel a segmentación de <quite> en quit’é (Ele quit’é), de modo que o acento recae na 4ª sílaba do verso.

  • 15-16

    Igual que na expresión amar máis ca mí/min (nen al) non ten cabida a preposición a (véxase nota a 44.13), o mesmo ocorre en querer melhor ca mí/min (véxase tamén 177.22, 261.8-9, 530.4, 531.r, 549.7683.7, 1091.19), que tampouco recorre á preposición para introducir o complemento (cfr. notas a 44.13 e 243.16). É por isto que, tal como propuxo Cohen, emendamos a lección de BV (<caassy>), probabel lapso de copia inducido por assy; nótese, ademais, que a manutención da preposición esixiría unha inédita sinalefa *assi‿aven.

Buscar
    Sin resultados