I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 300-301 [= LPGP 908]); Cohen (2003: 342); Littera (2016: II, 459-460); Fassanelli (2024: 40)
II. Outras edicións: Monaci (1875: 211); Braga (1878: 113); Machado & Machado (1953: IV, 393).
1 Oimais] O(o)y mays B 6 querria] queiria B 9 ren] tē V 11 querra] q̅ira B 12 grand’amor] gn̄ damor V 13 querria] queiria B 17 m’errou] meirou B : mem ni V 18 meu] meu(i) V 20 querria] queiria B 23 ren] tē V
5 [per] quant’eu sei] quant’eu [d’el] sei Nunes 15 Falarei con el, pois está [a]ssi] Falarei [eu] con el, pois est assi Nunes : Falarei com ele, pois ést[e] assi Littera 18 meu] m’eu Nunes; per] por Nunes 19 entend’i] entendi Nunes, Cohen, Littera, Fassanelli
(I) De aquí en diante, amiga, quero eu falar con meu amigo canto el queira, e vede por que: porque me ama tanto que ben vos digo eu, polo que parece e polo que eu sei, que non teño de que me preocupar, pois el non querería o meu mal aínda sabendo que podería obter o meu ben.
(II) Falarei con el, pois iso non me traerá ningún mal, e obrarei con mesura ao falarlle, pois, por canto eu del sei, quéreme ben e sempre me quererá, e por iso vede o grande amor que me ten: non querería o meu mal aínda sabendo que podería obter o meu ben.
(III) Xa que así é, falarei con el, por Deus, amiga, porque sempre se esforzou en me servir; alén diso, nunca me fallou desde que foi meu (servidor), polo que souben, e aínda máis vos direi do que del sei por isto: non querería o meu mal aínda sabendo que podería obter o meu ben.
(1) E, dado que el me quere así como escoitades dicir, non teño nada que temer da súa conversa.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10a 10C 10C (= RM 139:11) + 10c 10c
Encontros vocálicos: 11 mi͜-o; 12 mi‿á
A restauración de per na expresión per quant'eu sei está reforzada pola aparición doutras expresións paralelas en cadansúa estrofa: per quant’eu del sei (v. 10), per quant’eu aprendi (v. 18).
Este período resulta complexo por canto existe unha repetición, con variación que / ca, da conxunción causal nos vv. 10-12 (similares repeticións poden verse en 331.12, 1214.9-10 ou 1382.11-12), ao tempo que a conxunción que do v. 12 deberá interpretarse como consecutiva:
..., e mesura farei
de lhi falar, ca, per quant’eu del sei,
que mi quer ben e sempre mi-o querra,
que vejades o grand’amor que mi á: / ...
A restauración do verbo estar, para alén da métrica, é solicitada polo v. 8, con que estabelece paralelismo: Falarei con el, que non m’estara / mal nulha ren → Falarei con el, pois está [a]ssi.
Neste sentido, a reintegración de eu realizada por Nunes coa conservación de *ést’assi constitúe unha decisión ecdótica certamente discutíbel, do mesmo modo que a proposta de Littera, coa consideración do verbo seer (ést[e]).
A edición de Nunes erra coa segmentación m’eu, que contradí o sentido da cantiga, que vai na mesma dirección (a ‘posesión’ do amigo) que, por exemplo, as cantigas 744 (Afonso Meendez de Beesteiros), 1004 (Roi Martiinz d’Ulveira), 1008 (Joan Airas), 1012 (Joan Airas), 1024-1025 (Joan Airas), 1098 (Pedr’Amigo de Sevilha), ou 1192 (Juião Bolseiro).
A forma fui, xeral como PI de pretérito de seer (e de ir), é tamén forma de P3: a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī latino final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).
Neste verso percíbese un novo caso de omisión do artigo (e máis vos direi que [o] del entend’i) que ás veces se manifesta no corpus:
a dona que meu receber
con migo se pode perder (11.23);E, ja que vos comecei a dizer
ben que vos quero, quero-vos rogar
que vos non pes... (237.16);ca, de pran, est’é oje máis de ben
que ei ... (242.15);..., mais quero-lh’eu maior
mal que posso; ... (503.7-8);Nunca vos ousei a contar
mal que mi fazedes levar (553.11-12);tornade-vos máis cedo que poderdes (832.3) etc.
Por outra parte, a utilización do tempo presente nos versos que introducen o refrán nas estrofas I (ei, v. 5) e II (vejades, v. 12) xustifica a segmentación de entend’i para fixar o tempo presente tamén neste verso, a diferenza de Nunes, Cohen e Littera, que manteñen entendi (cfr., ademais, o verso Direi-vos, madre, quant’eu entend’i, na cantiga 1005.12, do mesmo trovador).