I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 245-246 [= LPGP 892-893]); Cohen (2003: 332); Arias Freixedo (2010: XXIV); Littera (2016: II, 451-542).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 188); Braga (1878: 99); Machado & Machado (1953: IV, 296).
1 preçar] precar B : pre car V 2 aja] \a/ia V 6 om. V 8 máis] ia mays BV; terrei] teirey B 10 rogar] pogar V 11 que vos queirades] Que uos queredes B : et uos q̄ redes V 13 Nunca] Tanto rogal nū ca B : Tanto rogar nūca V 14 algũa] alguna B; d’ala] dal V 15 veerdes] ueheredes V 16 poss’aficar i] possa ficarȳ B : possa sficar V 17 queirades] queraydes B
5 vos] non Nunes, Cohen 6 om. Nunes, Cohen 8 eu máis] eu ja |mais| Cohen : jamais Littera 11 vos] non Nunes, Cohen 12 om. Nunes, Cohen 13 min] mi Nunes 17 vos] non Nunes, Cohen 18 om. Nunes, Cohen
(I) Agora non debo dar valor á miña beleza, nin ao meu ben falar, nin ao meu bo siso, nin a cousa ningunha que haxa en min de bo, pois non vos podo pedir convincentemente que vos queirades, amigo, partir de Sevilla [...].
(II) Convenvos buscar outra señora, pois eu nunca máis vos terei por meu, porque ides facer máis polo rei que por min, nin vos podo rogar tanto que faga que vos queirades, amigo, partir de Sevilla [...].
(III) Nunca máis vos presentedes ante min se algunha vez de alá, desexándome, vos viñerdes aquí, pois eu non consigo insistir tanto niso como para que vos queirades, amigo, partir de Sevilla [...].
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C [...]
A transmisión do texto da cantiga en B (que deixa un espazo en branco onde cabería outra estrofa e que foi marcado cunha + na marxe por Colocci), así como a presenza en V, na marxe inferior, de catro puntos que sinalarían catro liñas en branco, indican o carácter lacunoso do texto. A cuestión foi resolta coa omisión do segundo verso do refrán (fragmentario, só con <De seuy> en B) en Nunes e Cohen, para, no caso do editor norteamericano, considerar que a secuencia <De seuy> de B constitúe o inicio dunha ausente segunda estrofa da composición.
Considerando un refrán monóstico, Nunes emenda <u9> de BV para non, corrección acollida por Cohen por mor da existencia de dous casos máis desta confusión gráfica. Con efecto, se considerarmos que a estrofa acaba no v. 5, a emenda sería necesaria para evitar a incongruencia semántica, pois iría contra a tópica do xénero de amigo que a rapariga se laiase por non ser quen de convencer o amigo para partir; no entanto, se a estrofa continúa con un verso máis desaparece a incongruencia.
Seguindo Arias Freixedo (1999, 2010), interpretamos a secuencia <De seuy> de B como o inicio de un segundo verso incompleto do refrán: os dous apógrafos italianos reflicten unha lacuna no exemplar (especialmente en B). Mesmo se se confronta este inicio coa cantiga 935, do mesmo trobador, en que aparecen as secuencias meu amigo, que se quer ir / a Sevilha el-rei servir... e A Sevilha se vai d’aqui / meu amigo, por fazer ben, así como cos vv. 9-10 desa mesma cantiga (pois ides máis ca por mí por el-rei / fazer...), sería plausíbel que se trate dunha alusión á conquista da cidade andaluza por parte do rei Fernando III; nesta conquista participaría o amigo, que a amiga, con ciúmes do rei, pretende facer volver. Neste sentido, podería proporse un texto conxectural para este verso perdido: de Sevi[lha, u el-rei fostes servir].
Con todo, a problemática que levanta a consideración da secuencia conservada en B como parte de un segundo verso do refrán ou como inicio de unha segunda estrofa (como propón Cohen, seguido por Littera) continúa aberta. Véxase Locus Criticus, nº 8 (en http://locuscriticus.webs.uvigo.es/?cat=13) para un contraste de opinións entre as dúas opcións editoriais, así como un comentario literario xustificativo do refrán biversal.
Neste verso rexístrase a estrutura conviir + a + infinitivo, en liña coa necesaria presenza do nexo preposicional (a ou de) cando a forma conxugada de conviir vai seguida de infinitivo (véxase Glosario, s.v. conviir). Desta forma, só está ausente o nexo cando o infinitivo vai anteposto: pois m’escolher conven (377.19), perfiar me conven! (1337.21), colher non conven (1679.8). Cfr. nota a 3.17.
A métrica indica que se debe omitir un dos elementos de <ia mays>. Optamos pola expunción do elemento de menor corpo gráfico, pois as copias dos manuscritos mostran como este tipo de elementos de reducido corpo fónico (e gráfico) poden ter unha presenza espuria nos textos por acrecentamento do copista (véxase, por exemplo, 74.19 ou 210.15) ou por un simple proceso de banalización (neste caso, sobre todo nos apógrafos italianos fronte a A; cfr. Arbor Aldea 2012a, 2012b).
A común lección queredes de BV ten de constituír un erro máis do que unha eventual variatio no refrán, pois a sintaxe continúa a solicitar a presenza dun presente de subxuntivo.
Nótese o erro nos apógrafos italianos, cun acrecentamento textual espurio que procede do v. 10, cuxo final (tanto rogar) é incorporado aquí como inicio de verso.
A presenza de -n- na forma manuscrita <alguna> é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /ũ/. O mesmo acontece noutras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <bona> bõa e, esporadicamente, en <poner> põer, <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b.