Esta cantiga inicia un novo folio en B, que copia como reclamo na marxe inferior do folio anterior o v. 1 da composición: Par ds̄ senhor q̄ro meu hir.
I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 503-504 [= LPGP 869]); Tato Fontaíña (2007: 21); Littera (2016: II, 407).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 251-252); Braga (1878: 136-137); Machado & Machado (1956: V, 184).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 203).
6 mais] hays V 11 parta-m’end’agora] parta mēgadora B : eꝑ ta mēdagora V 12 gran] grã B
7 dia] di(a) Nunes 10 onde, [senhor], vos fui veer] onde vos [sempre] fui veer Tato Fontaíña 11 parta] parto Nunes, Tato Fontaíña, Littera; agora assi] agor(a) assi Nunes : agor’assi Littera
(I) Por Deus, señora, quérome eu ir e véñome despedir de vós, e, para que teña algo que vos agradecer, crédeme agora unha cousa: que me quero afastar de vós mais non quero (deixar) de vos moito amar.
(II) Desde o día en que nacín, nunca un pesar tan grande vin como o que sinto ao partir de aquí, onde, señora, vos fun ver; e parta eu agora así, mais non (deixarei) de vos amar.
(III) Agora xa me afastarei de vós, señora, que sempre amei, e crédeme o que vos direi: que nunca vin un pesar maior que o de partir, e afastareime de vós, mais non de vos amar.
Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8a 8b 8a 8b (= RM 13:54)
Encontros vocálicos: 7 di·a‿en; 11 agora‿assi; 15 *cre͜e·de-mi‿o
A semellanza e o paralelismo entre os sextos versos de cada estrofa levou Colocci a marcar ese derradeiro verso como refrán.
A reintegración de senhor neste hipométrico verso por omisión no proceso de copia xa foi proposta por Nunes, talvez pola presenza na estrofa I (v. 1) e III (v. 14). Outrosí, mantén o acento á 4ª sílaba no verso.
En face da inusual contaxe bisilábica de creede, podería pensarse na expunción da conxunción copulativa inicial, tal como acontece noutras pasaxes trobadorescas.