I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 751 [= LPGP 519]); Littera (2016: I, 644).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 47-48); Machado & Machado (1949: I, 182-183); Rios Milhám (2017: I, 101).
2 mj nō sey de uida efor cear B 7 morrer] moirer B
2 non se dev’i d’esforçar] non sei; nen val revelar Michaëlis, Littera
(I) Por como Amor me deixa a min vivir non debe ninguén por iso gañar ánimos contra el, nin pensar que non fai canto quere facer, pois el todo o fai como señor, e, por me facer a min o peor, por iso non me deixa morrer.
Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= RM 161:257)
Non se pode excluír que esta cantiga chegase incompleta a nós.
A (errada) lección manuscrita é reescrita e reinterpretada imaxinativamente por Michaëlis afastándose en exceso da literalidade de B. En calquera caso, a presente proposta procura intervir no mínimo na lección do manuscrito, aínda que tamén se podería propor outra alternativa textual para este verso: mí, non se dev’i a‿esforçar.
Ademais, o pronome mí, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.