I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 197-198 [= LPGP 288]); Barbieri (1999: 94); Cohen (2003: 274); Littera (2016: I, 312-313).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 147-148); Braga (1878: 74); Machado & Machado (1953: IV, 106-107).
1 d’aqui] d*qi V 3 quand’] q̃ȝd V 4 farei-lh’] fareihh B : farealh V 7 Quand’] < >uād B 8 por én] rorem BV 9 e jurar] eiui ar V 10 e eu] (e) / Eu B 14 om. V 15 ante] aūt B 16 quand’eu] ꝙ̄teu V; tod’a] coda B
16 quand’] quant’ Nunes, Barbieri, Cohen
(I) Porque se foi de aquí meu amigo contra a miña vontade e non mo fixo saber, cando el viñer para falar comigo, asañareime con el e fareille entender que para outra vez de modo ningún se vaia de aquí sen o meu consentimento.
(II) Cando el viñer e me vir sañuda, sei que estará moi coitado por iso, e xurarame e quererame mentir, e eu direille entón con desdén que para outra vez de modo ningún se vaia de aquí sen o meu consentimento.
(III) E nunca meu amigo me desobedecerá nin sairá do meu poder, e, se se el for, antes me xurará, cando e como eu quixer, que para outra vez de modo ningún se vaia de aquí sen o meu consentimento.
Esquema métrico: 9’a 10b 9’a 10b 10C 10C (I [= RM 99:39]) + 10a 10b 10a 10b 10C 10C (II-III [= RM 99:10)
Encontros vocálicos: 2 mandado‿e, mi͜-o; 5 va·ia; 9 -mi͜-á; 11 va·ia; 15 se‿el; 17 va·ia
As formas xerais no presente de subxuntivo do verbo ir son vaa (323.3, 1324.5, 10 e 15, 1344.30, 1347.23, 1618.27, 1622.4), vaades (470.4 e 9, 644.9), vaan 919.7, 1410.5); endebén, no primeiro verso do refrán rexístrase a variante vaia (tamén en 1574.r1 e 25), a que se debe sumar a forma vaiamos, presente nunha cantiga de amigo de Torneol (1314.1 e 4). Os datos fornecidos polo Corpus do Galego-Portugués Antigo confirma o carácter minoritario da evolución con -i- antihiático a partir do hiato vaa- (Ferreiro 1999 [1995]: §135a, §210b).
Nótese como que cumpre diferente función nos sucesivos refráns, pois é completivo nas estrofas I e III e ten valor consecutivo-final na estrofa III, cunha variación funcional que encontramos en máis cantigas. Cfr. nota a 27.4.
É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de fiinda ou de verso) nos manuscritos, que permite en moitos casos restaurar a isometría versal (casos similares documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.). De todos os xeitos, tanto B como V presentan unha lacuna no espazo que ocuparía a copulativa, delatando algún problema no modelo.
A opción editorial de todos os anteriores editores en prol de quanto, a lección do Cancioneiro da Vaticana, é tamén posíbel.