I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 694 [= LPGP 325]); Littera (2016: I, 359).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 22); Machado & Machado (1949: I, 86); Rios Milhám (2017: I, 40).
4 con a mort’ e] con a co a morte B 5 morrer] moirer B 10 tornar] toruar B
4 con a mort’e ouvera i] con a mia mort’! e ouver(a) i Michaëlis : com a mia mort’e houver’i Littera 9 morresse] morress(e) Michaëlis
(I) Cando me agora mandou a miña señora que non vivise, de ningunha maneira, onde a vise, Deus sabe que me fora moito mellor coa morte e que nela encontraría máis pracer: tería gusto de morrer alí, por non vivir como eu despois vivín.
(II) Poderíame eu ter librado de grande afán e de gran coita, que despois levei, se eu morrese cando me afastei da miña señora, así Deus me deixe cedo tornar (a onde a vexa): tería gusto de morrer alí, por non vivir como eu despois vivín.
Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:61)
Encontros vocálicos: 9 morrese‿u
Emendamos o erro de B, xa que o copista repetiu (parcialmente) a copia de <con a>. Michaëlis interpretou o elemento repetido <coa a> como un erro por mia, que esixiría a sinalefa ouvera‿i.