I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 125-126); Cohena (2003: 191); Víñez Sánchez (2004: 123 [= LPGP 368]); Littera (2016: I, 411); Cohenb (2016b: 10).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 123); Braga (1878: 59); Machado & Machado (1952: III, 388).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 33); Fernández Pousa (1951: 77); Alonso Girgado (1992: 82).
3 ven] ueu V 9 Enviou] Euuyou B : E uuyou V 17 Nulha] Nula B : Nulla V 19 viinha] nunha V 20 verria] ueiria B 21 ai dona-, lo] (Ay do) / Ay donalo B
En Cohenb a cantiga aparece disposta en versos longos (agudos na cobra, graves no refrán), de quince sílabas.
2 m’] mi Nunes 5 ai dona-, lo meu amigo] ai dona, lo meu amigo Littera 13 ai dona-, lo meu amigo] ai dona, lo meu amigo Littera 18 per] por Nunes 19 outra] outro Víñez Sánchez; viinha] envia Nunes : viia Cohena, Cohenb, Littera 21 ai dona-, lo meu amigo] ai dona, lo meu amigo Littera
(I) Que leda estou hoxe porque me enviou dicir que non vén con gran desexo coitado do lugar a onde foi vivir, ai donas, o meu amigo, senón por falar comigo; nin vén por outra razón o meu amigo senón por falar comigo.
(II) Envioume o seu recado dicir, o cal eu creo ben: que non vén por outra razón coitado de tan lonxe como el vén, ai donas, o meu amigo, senón por falar comigo; nin vén por outra razón o meu amigo senón por falar comigo.
(III) Non tiña ningunha outra coita, crédeme o que vos digo, nin (por outra coita) el viña; mais por que había de vir aquí, ai donas, o meu amigo, senón por falar comigo? Nin vén por outra razón o meu amigo senón por falar comigo.
Esquema métrico: 7’a 7b 7’a 7b 7’C 7’C 7’C 7’C
Encontros vocálicos: 2 en·vi·ou; 9 En·vi·a; 19 vi·i·nha; 20 ve·rri·a‿aqui
A forma sejo, P1 de presente indicativo de seer, resultado da conxugación regular de sĕdēre neste tempo (sĕdĕō, sĕdes etc.), compite desvantaxosamente cos resultados de sŭm (> son) e *sono (> sõo, soo) (véxase Ferreiro 1999: §218b).
Tanto neste verso como no v. 11, Littera introduce un matiz interpretativo levemente diverxente ao colocar coitado entre vírgulas: ‘coitadiño, pobre del’ (vs. ‘coitado, aflito, infeliz’).
Obsérvese a inusual asimilación do artigo con donas, igual que acontece con outras asimilacións esporádicas con algúns substantivos, como moscas e tamén con braços (962.27) e vezes (1487.4), ás veces coa grafía arcaica <s-l> (véxase nota a 5.10), que se suman á xeral do substantivo Deus co pronome identificador (véxase nota a 25.16).
No entanto, en Littera faise unha outra interpretación: considera un dona singular como destinatario do discurso poético (facto extraordinariamente inusual no corpus, con só seis ocorrencias, véxase Glosario, s.v. dona), e a forma lo do artigo, en posición posvocálica, como arcaísmo pronominal (en función adxectiva neste caso), nun sintagma inexistente e nun contexto en que non se rexistra nas cantigas (*lo + poses. + nome).
A vogal final -i de longi (tamén en 33.6, 323.7, 800.5, 916.4, 957.3, 966.9, 1032.24 e 1139.2, 5, 7 e 10), a convivir con longe, tamén aparece noutros adverbios: tardi (véxase nota a 1008.16) e eiri (véxase nota a 114.9), talvez por influencia deste (Mariño Paz 2009: 83). Nos nomes só se rexistra sangui (véxase nota a 1410.17).
Sen dúbida, a forma <nula> de B constitúe un lapso por <nulla>, por súa vez coa grafía <ll> en vez de <lh>, que é verdadeiramente frecuente neste indefinido nos apógrafos italianos, sobre todo en B. Así ocorre nos seguintes contextos, todos eles pertencentes a cantigas transmitidas unicamente por B (ou por AB): 29.22, 39.2, 44.5, 55.18, 65.11, 12, 14 e 20, 66.16, 71.24, 72.3, 73.13, 74.28, 92.15, 94.3, 96.11, 97.5, 104.6, 107.9, 108.18, 111.7, 135.16, 152.9 e 12, 166.16, 235.18, 236.28. Ora ben, <ll> en nulho é grafía escasa no Cancioneiro da Vaticana, aínda que tamén se rexistra nalgunhas cantigas compartidas con B: 419.2, 701.13, 1516.6, 1609.18, 1643.10. Noutros casos, existe forma con <ll> ou con <lh> só nun dos apógrafos italianos: B vs. V (1040.6, 1392.9, 1533.6, 1580.12), V vs. B (362.6, 373.17).
Na realidade, a grafía <ll>, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos cancioneiros italianos (especialmente en B), só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente da xeminada latina (ali, aquela e ela, bailada, castelo, cavalo, eles, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc.), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo (véxase nota a 6.32) e, finalmente, en voces coa secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).
Fóra do indefinido nulho/a, é excepcional en BV a aparición de <ll> para a lateral palatal /ʎ/, pois só se rexistran cinco ocorrencias deste tipo. Véxase nota a 199.33.
Non son defendíbeis as emendas editoriais realizadas por Nunes, Cohen e Littera en viinha, que modifican a semántica do texto, por canto a rima avia : viinha forma parte do conxunto de rimas imperfectas ou defectuosas que se achan no corpus trobadoresco profano, concretamente ao grupo destas rimas relacionadas coa presenza / ausencia de consoante nasal ou equivalencia entre elementos nasais. Véxanse unha : espunlha (427.5-6), longe : oje (1174.15-17), faça : boança (1414.5-7), Nazareno : lenho (1576.1-2), centẽo : Nazareno : lenho (1576.6-8), caneno : Nazareno : lenho (1576.12-14), mensonha : corõa (1633.23-27). Cfr. notas a 104.34-35, 206.4-6, 383.19-20, 427.5-6, 453.5-6 e 698.5-6.
Por outra parte, neste período percíbese un outro exemplo de posposición do indefinido outro a respecto do núcleo nominal: Nulha coita non avia / ... / outra nen el non viinha = Nulha outra coita non avia... Este tipo de posposición ao substantivo dos determinantes indefinidos, demostrativos etc. é rara na lingua antiga (e moderna); no corpus trobadoresco volve aparecer o indefinido outro invertido en conselh’outro (138.31, 241.9), afan outro (353.12), mal outro (379.10) e pescad’outro (1665.18), para alén da posposición do demostrativo en comendadores estes (1430.18). Na produción prosística medieval tamén se achan esporadicamente posposicións iguais ou similares. Eis algunhas mostras:
et com̃o gaanara a nobre çidade de Ualença et outros castelos muytos (...) et durou bẽ quatro ãnos que fezo cantar missas muytas (...) Et estaua y Abiabis cõ duzentos caualeyros et outra gente muyta (trad. galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España; Lorenzo 1975: I, 642, 668, 740).
et fez ella os panos menores ante queos omẽ do mũdo fezesse nẽ outro algũ (trad. galega da General Estoria; Martínez López 1963: 159).
Ca sabede, (...), que el rrey Príamos auj́a trijnta et tres fillos outros (Crónica Troiana; Lorenzo 1985: 230).
havia dous irmãos outros (...) e era compadre d'el rei d'Aragom e seu amigo muito (...) E teve outras terras muitas (Livro de Linhagens do Conde D. Pedro; Mattoso 1980: I, 81, 151 e 163).
Outros algũus er diziam que, (...), que elles receberõ ella e seu filho por senhores de Castella (Crónica Geral de Espanha de 1344; Cintra 1952-1990: IV, 364).
e foi assi que lhe deu elRei Alva de Tormes, e Reall de Maçanalles, e logares outros (...) passariam de trezemtas lamças afora homeẽs de pee e beesteiros poucos (Crónica de D. João I; Fernão Lopes 1994: I, 106 e 300).
com quatro Reis outros, e imfijmda mourama uijnha comtra elle (Crónica de D. Afonso Henriques; Duarte Galvão (1995: 49).
não pode ser entrar nella pessoa outra alguã, que não pode entrar no mosteiro (doc. 1583; Gomes 1998: 448).
Para o sentido dos versos debe considerarse que o v. 19 é un reflexo da dupla negación presente no v. 17; isto é, ‘non tiña outra coita (...) nin el viña’.