I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 511-512 [= LPGP 870]); Tato Fontaíña (2007: 41); Littera (2016: II, 409).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 253); Braga (1878: 137); Machado & Machado (1956: V, 190).
1 destes] desses V 3 ajuda] auida BV 6 en] eu B; morrer] moirer B 14 qual] q̄l V 15 mia] mh̄a BV 16 Senhor] sēnor V
6 en] eu Nunes 7 Per] Por Nunes, Littera 14 poder] puder Littera
(I) Señora de min e destes ollos meus, gran coita sufro e sufrín por vós e por Amor, que axuda moito niso, e non me socorre el nin vós nese transo; mais a Deus, se me der morte, terei que llo agradecer, porque vivo en coita pola morte que me vai vir.
(II) Por esta coita xa perdín o siso e vós (perdestes) a mesura con respecto a min, e sei que por causa de Amor é todo canto mal eu sufro por vós, señora; mais agora por iso a Deus, se me der morte, terei que lle agradecer, porque vivo en coita pola morte que me vai vir.
(III) Porque eu ben vexo de vós e de Amor que quen máis puider máis mal me fará, e ben entendo xa como é a miña situación, por iso a Noso Señor, se me der morte, terei que llo agradecer, porque vivo en coita pola morte que me vai vir.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:215)
No verso anterior ao refrán, en todas as estrofas (vv. 4, 10, 16) existe unha concordancia ad sensum entre Deus (vv. 4, 10) e Nostro Senhor (v. 16) e o verbo correspondente (Deus / Nostro Senhor ... ei que lhi gradecer), pola ausencia da preposición introdutoria do CI, construción frecuente nas cantigas, e nomeadamente nos íncipits.
O primeiro verso do refrán aparece literalmente nunha cantiga de Fernan Velho (424.19).
A fórmula por én do v. 16 recolle o período introducido pola conxunción causal ca (v. 13): ‘Porque eu ben vexo ... / ... / como me vai, por iso ...’.