I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 849); Spina (1983: 20 [= LPGP 866]); Eirín & Ferreiro (2014: 47); Littera (2016: II, 402-403).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 136-137); Machado & Machado (1950: II, 157); Rios Milhám (2018a: II, 334).
8 cousecer] conseçer B 18 maravilhan] marauilhau B
8 vós] vus Michaëlis : vos Spina, Eirín & Ferreiro, Littera 11 conhocer] conhecer Spina, Littera 16 mi] me Spina, Littera
(I) Señora de moi fermoso parecer, marabíllome eu do gran mal que me facedes para mal meu; e cantos o ouven dicir, señora, tamén se marabillan diso, de me facerdes sempre mal e de nunca me facerdes ben, (II) pois por iso escoito falar mal de vós, por me facerdes tanto mal, a moitos, para quen é un gran mal perderdes a vosa discreción comigo e non gañardes cousa ninguna en me facerdes sempre mal e nunca me facerdes ben.
(III) E, miña señora, cantos eu vin, todos me din que está mal facérdesme tanto mal; e marabíllanse tamén se alguén vos aconsellou para me facerdes sempre mal e nunca me facerdes ben.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8c 8B 8C (= RM 159:2)
Encontros vocálicos: 12 gua͜a·nhar·des
Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas, véxase nota á cantiga 55. Porén, en todas as edicións existe independencia estrófica das dúas primeiras cobras.
Para alén de pronomes que presentan xeral asimilación co pronome identificador, algunhas outras formas pronominais de diversas clases (tamén estes, 1607.20; quaes, 1535.13; tres, 987.19) poden presentar esa asimilación, ás veces con grafía conservadora <s-l>. Véxase nota a 5.10.
En face da forma maioritaria oir, como evolución xeral de audire na lingua trobadoresca (véxase Ferreiro 1999: §211a), a variante ouvir é de uso limitado no corpus (véxase 384.17, 633.23, 764.15, 804.15, 968.4, 1055.9, 1233.12, 1322.13, 1346.22, 1361.3, 1522.4), tendo en conta que a P1 de presente indicativo (ouço) e o presente subxuntivo (ouça etc.) son formas únicas. Cfr. nota a 618.10.
A interpretación que presentamos mantén a lectura de <uos> (v. 8) como vós, forma tónica en función de complemento directo sen preposición (feito frecuente na lingua trobadoresca; cfr. cousecen min en 867a.21 e 867b.24), cunha sintaxe opacada polo hipérbato no período: «ca ende ouço a muitos cousecer (a) vós de mi fazerdes tanto mal».
Nótese como este verso é repetición do v. 9, por súa vez reflexo do primeiro verso do refrán.