I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 37-38); Lanciani (1974: 108 [= LPGP 138]); Littera (2016: I, 143).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 27); Braga (1878: 11); Machado & Machado (1950: II, 277-278); Rios Milhám (2018b: III, 425).
III. Antoloxías: Bernárdez (1952: 30); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 30); Magalhães (2007: 116).
1 meu] men B 2 vos] Vos B : uos V 5 vos] uos BV 6 o que vos] ho que uos BV 7 eu] en B 8 sempr’u] senpr(e)u B 9 guardei] guandey V 10 vos] uos BV 14 vos] uos BV 16 e assi] cassy V 17 vos] uos BV 18 vos] uos BV
16 e assi] c’assi Lanciani : ca assy Nunes
(I) Señora fermosa, para o meu mal vos viron estes ollos meus, pois desde entón así o quixo Deus e a miña ventura, que é tal que nunca vos ousei dicir o que vos quería dicir.
(II) E doutra cousa eu tiven que falar convosco, señora, sempre cando falei convosco, vede por que: porque me gardei tanto de vos dicir (algo que vos causase) pesar que nunca vos ousei dicir o que vos quería dicir.
(III) Sabede moi ben (isto): desde que eu vos vin por primeira vez sempre sufrín unha coita moi grande, e así quixo Noso Señor que nunca vos ousei dicir o que vos quería dicir.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:323)