1060 [= RM 96,6]
Senhor fremosa, si veja prazer

– Senhor fremosa, si veja prazer,
pois vos non vi, ouvi tan gran pesar
que nunca mi Deus d’al prazer quis dar.
– Como podestes tanto mal sofrer?
– Cuidei en vós e por esto guari,
que non vivera ren do que vevi.
Senhor fremosa, direi-vos eu al
e creed’esto, meu lum’e meu ben:
pois vos non vi, non vi prazer de ren.
– Como podestes sofrer tanto mal?
– Cuidei en vós e por esto guari,
[que non vivera ren do que vevi].
Creede, lume destes olhos meus,
que, des que vos eu non pudi veer,
pero viia, nunca vi prazer.
– Como sofrestes tanto mal, por Deus?
– Cuidei en vós [e por esto guari,
que non vivera ren do que vevi].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1058, V 648

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 408-409 [= LPGP 638-639]); Littera (2016: II, 116).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 230); Braga (1878: 124); Machado & Machado (1956: V, 67-68).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 136).

Variantes manuscritas


6 vevi] ueni V   11 por] pre V

Paráfrase


(I) –Señora fermosa, así eu vexa pracer, despois que non vos vin tiven un pesar tan grande que Deus nunca me deixou gozar de ningunha outra cousa.
–Como puidestes tanto mal soportar?
Pensei en vós e por iso sobrevivín, pois (doutro xeito) non tería vivido nada do que vivín.
(II) Direivos outra cousa, señora fermosa, e crede isto, miña luz e meu ben: despois que non vos vin non vin pracer de nada.
–Como puidestes soportar tanto mal?
Pensei en vós e por iso sobrevivín, pois (doutro xeito) non tería vivido nada do que vivín.
(III) Crede, luz destes ollos meus que, desde que vos non puiden eu ver, aínda que vía, nunca vin nada pracenteiro.
–Como soportastes tanto mal, por Deus?
Pensei en vós e por iso sobrevivín, pois (doutro xeito) non tería vivido nada do que vivín.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:176)

Notas


Texto
  • 1

    A frase formularia de tipo aseverativo assi veja prazer (79.16, 384.16, 419.4) presenta a variante con si ~ se en 440.9, 571.9, 778.8, 1198.3, 1624.1 (coa introdución de eu en 416.9) e tamén se vejades prazer (877.12) e mais se prazer vejades (1174.1) con mudanza para a P5.

  • 5-6

    A sintaxe (e interpretación) do refrán é un pouco forzada, condicionada inevitabelmente polo contexto. Existe, con todo, unha posibilidade alternativa de estabelecemento do refrán, coa consideración dunha frase parentética:

    –Como podestes tanto mal sofrer?
    Cuidei en vós e (por esto guari),
    que non vivera ren do que vevi
    .

    Isto é, ‘pensei en vós e que non vivira nada do que vivín –todo fora unha ilusión– (e por isto sobrevivín á coita de amor)’.
    A utilización da forma disimilada vevi (< vivi), que tamén se rexistra en 902.r2, 960.18 e 966.5, é mostra dunha tendencia moi limitada á disimilación de formas do tipo dizia  > dezia ou vivia > vevia (véxase nota a 888.50). En calquera caso, non achamos atestacións de vevi na produción prosística medieval.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado