981 [= RM 120,50]
Tan muito vos am’eu, sennor

Tan muito vos am’eu, sennor,
que nunca tant’amou sennor
ome que fosse nado;
pero, des que fui nado,
non pud’aver de vós, sennor,
por que dissess’: «Ai mia sennor,
en bon pont’eu fui nado!».
Mais quen de vós fosse, sennor,
bon dia fora nado.
E o dia que vos eu vi,
sennor, en tal ora vos vi
que nunca dormi nada
nen desejei al nada
senon vosso ben, pois vos vi;
e dig’a mí: «Por que vos vi,
pois que me non val nada?».
Mal dia nad’eu que vos vi,
e vós bon dia nada!
Ca, se vos eu non viss’enton
quando vos vi, podera enton
seer d’afan guardado;
mais nunc’ar fui guardado
de mui gran coita des enton,
e entendi-m’eu des enton
que aquel é guardado
que Deus guarda, ca, des enton,
é tod’ome guardado.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 

Manuscritos


A 288, B 979, V 566

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 577-578); Panunzio (1992 [1967]: 80-81 [= LPGP 790-791]); Littera (2016: II, 285-286).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 203); Braga (1878: 108); Carter (2007 [1941]: 169); Machado & Machado (1953: IV, 359-360); Fernández Pousa (1956: 809); Juárez Blanquer (1988: 89-90); Arbor Aldea (2016b).
III. Antoloxías: Diogo (1998: 67).

Variantes manuscritas


1 Tan muito vos] an muyto uos A   2 amou] amon B   3-4 nado; / pero] nado (pero) / pero V   7 pont’eu] poteu V   10 vos] uos A; eu] om. BV   11 vos] uos A   14 vos] uos A   15 vos] uos A   16 me] mj B : mi V   17 vos] uos A   18 nada] nadam V   19 Ca] Que BV; vos] uos A   20 vos vi, podera enton] uos ui poderiades enton A   22 nunc’ar fui guardado] al nunca foy guarda BV   23 de] da V   24 entendi-m’eu des enton] atendeme enton B : atendemel enton V   26 Deus] des V; ca] que B : q̅ V

Variantes editoriais


1 vos] vus Michaëlis, Panunzio   10 vos] vos Michaëlis : vus Panunzio   11 vos] vus Panunzio   14 vos] vos Michaëlis : vus Panunzio   15 vos] vos Michaëlis : vus Panunzio   16 me] mi Panunzio   17 vos] vos Michaëlis : vus Panunzio   19 Ca] Que Panunzio, Littera; vos] vus Michaëlis, Panunzio   20 vos] vos Michaëlis : vus Panunzio; podera] poder(a) Michaëlis   21 afan] afã Littera   26 ca] que Panunzio

Paráfrase


(I) Tanto é o moito que eu vos amo, señora, que nunca ningún home nacido amou tanto a unha señora; pero, desde que nacín, non puiden obter de vós, señora, (algo) polo que dixese: «Ai, miña señora, en boa hora eu nacín!». Mais quen fose vosso (vasalo), señora, en boa hora sería nado.
(II) E o día que eu vos vin, señora, en tal hora vos vin que xa nunca durmín nada nin desexei máis nada senón o voso favor, despois de que vos vin; e dígome a min mesmo: «Por que vos vin, xa que non me vale de nada?». En mal día nacín eu, porque vos vin, e vós en bo día nacestes!
(III) Pois se eu non vos vise entón cando vos vin, puidera entón ficar libre do afán; mais desde entón tampouco nunca fun gardado dunha coita moi grande, e comprendín eu desde entón que é protexido aquel que Deus protexe, pois, desde ese momento, calquera home é protexido.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8a 6’b 6’b 8a 8a 6’b 8a 6’b (= RM 40:1)

Encontros vocálicos: 20 poderaenton

Notas


Texto
  • *

    Repárese no artificio métrico da repetición estrófica da mesma palabra rimante nos versos octosilábicos (I sennor, II vi, III enton) e nos versos hexasilábicos (I nado, II nada, III guardado).

  • 13

    O pronome indefinido al ‘outra cousa’ forma locucións indefinidas positivas con que-quer ‘outra cousa calquera’ (al que-quer, véxase nota a 141.12) e negativas con ren (al ren ‘ningunha cousa, nada’: 72.21, 84.23, 209.14, 253.14, 879.19, 1055.14), mais tamén con nada (al nada ‘ningunha cousa, nada’, con dúas ocorrencias no corpus (véxase tamén 708.16). Véxase nota a 72.21. Cfr. nota a 159.22 e 431.14.

  • 19

    A teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva ou integrante. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV), tal como se percibe nesta pasaxe e noutras moitas: 66.6, 84.15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 981.19 e 26, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1

  • 20

    A copia do Cancioneiro da Ajuda evidencia a presenza dun erro inusual neste cancioneiro (poderia des enton), neste caso coa lección correcta nos apógrafos italianos (podera enton).

  1. ^

    Resultan tamén significativas algunhas correccións e/ou vacilacións, como as de 530.4 (<(qu) ca> B) e 1450.17 (<ca que> B, <ca q̄> V), así como o erro de copia de A en 414.r1 (<que / ca> A, <q̄> B, <que> V).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado