1278 [= RM 88,16]
Tres moças cantavan d’amor

Tres moças cantavan d’amor,
mui fremosinhas pastores,
mui coitadas dos amores;
e diss’end’ũa, mia senhor:
«Dized’, amigas, comigo
o cantar do meu amigo».
Todas tres cantavan mui ben
come moças namoradas
e dos amores coitadas;
e diss’a por que perço o sén:
«Dized’, amigas [comigo
o cantar do meu amigo]».
Que gran sabor eu avia
de as oir cantar enton!
E prougue-mi de coraçon
quanto mia senhor dizia:
«Dized’, amigas [comigo
o cantar do meu amigo]».
E, se as eu máis oisse,
a que gran sabor estava!
E que muito me pagava
de como mia senhor disse:
«Dized’, amigas, con migo
[o cantar do meu amigo!]».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 1262, V 867

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 427-428); Tavani (1964: 57 [= LPGP 605-606]); Cohen (2003: 496); Littera (2016: II, 65).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 297); Braga (1878: 163); Machado & Machado (1956: V, 375).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 110-111); Seoane (1941: 121-122); Nemésio (1961 [1949]: 79-80); Fernández Pousa (1951: 84); Varela Jácome (1953: 23-24); Nunes (1959: 330-331); Spina (1972: 367); Álvarez Blázquez (1975: 105-106); Torres (1977: 334); Correia (1978: 140); Reckert & Macedo (1980: 181); Diogo (1998: 237); Alvar & Beltrán (1989: 252); Jensen (1992: 204); Delgado León (1996: 73); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 152); Alvar & Talens (2009: 526); Gutiérrez (2023: 73).

Variantes manuscritas


2 fremosinhas] fremosin\h/as B : fremos mhas V   5 Dized’, amigas] dizede migas V   10 perço] ꝑco B   13 Que gran] Quē grã B   15 coraçon] coracō B   20 gran] grã B   23 con migo] cōmigo BV

Variantes editoriais


3 dos] dus Tavani   9 dos] dus Tavani   10 perço o sén] perç’o sen Nunes   23 con migo] comigo Nunes, Tavani, Cohen

Paráfrase


(I) Tres mozas cantaban de amor, moi fermosiñas raparigas, moi coitadas de amores; e dixo por iso unha delas, a miña señora: «Cantade, amigas, comigo o cantar do meu amigo».

(II) Todas tres cantaban moi ben como mozas namoradas e coitadas de amores; e dixo aquela por quen perdo a razón: «Cantade, amigas, comigo o cantar do meu amigo».

(III) Que gran pracer eu sentía por as ouvir cantar entón! E agradoume profundamente canto dicía a miña dama: «Cantade, amigas, comigo o cantar do meu amigo».

(IV) E, se eu as puidese ouvir máis…, que a gusto me sentía! E canto me sentía satisfeito de como a miña señora dixo: «Cantade, amigas, comigo o cantar do meu amigo!».

Métrica


Esquema métrico: 8a 7’b 7’b 8a 7’C 7’C (I-II [= RM 160:411]) + 7’a 8b 8b 7’a 7’C 7’C (III [= RM 160:426]) + 7’a 7’b 7’b 7’a 7’C 7’C (IV [= RM 160:455])

Encontros vocálicos: 10 perçoo

Notas


Texto
  • 23

    No refrán desta composición rexístrase unha leve variación morfolóxica que di respecto á forma comigo / con migo (véxase nota a 11.24), variante que responde á lección unánime de BV na derradeira estrofa. Cfr. nota a 27.4.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado