I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 99 [= LPGP 239]); Nunes (1973 [1928]: 53-54); Cohen (2003: 640); Littera (2016: I, 242).
II. Outras edicións: Moura (1847: 194-195); Monaci (1875: 80-81); Braga (1878: 41); Machado & Machado (1952: III, 239-240); Júdice (1997: 74); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 77); Torres (1977: 263).
1 Vai] Via B 2 end’] ād B 4 tamanho] Tambano B 5 faço] faco B : fazo V; gran] g̃ra B 7 todo] tedo B; perderia] ꝑderra V 8 gran traiçon] g̃ra traicō B 9 non sei] om. V 10 nen ar] Nēn B : nen̄ V
7 per] por Lang 8 vai-s’] vai-s[e] Littera 9 min] mi Lang, Nunes 10 ar vej’i] vej’i Lang : [eu] vej’i Nunes : [ar] vej’i Cohen : vej[o] i Littera
(I) Vaise o meu amigo vivir a outra parte sen min, e, por Deus, amiga, no meu corazón teño por iso, porque agora marcha, unha pena tan grande que non se pode expresar, porque llo prohibín, e teño toda a razón.
(II) Prohibinlle que se fose de aquí, pois dese xeito perdería todo o meu ben, e agora vaise e faime unha gran traizón; e de agora en diante non sei que será de min nin vexo outro final, amiga, senón a morte.
Esquema métrico: 2 x 11a 11a 11b 11a 11b (= RM 33:2)
A introdución da frase explicativa do v. 3 provoca un grande afastamento entre adxectivo tamanho e o seu substantivo pesar (v. 2).
Ningún dos editores considerou a presenza de ar na clara abreviatura existente nas leccións <Nēn> B, <nen̄> V, o cal explica a súa omisión en Lang, as erradas reintegracións de eu (Nunes) e vej[o] (Littera) e o uso de colchetes en ar na edición de Cohen. Véxase nota a 114.22.