I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 465-467 [= LPGP 749]); Marroni (1968: 238-239); Littera (2016: II, 241).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 242); Braga (1878: 131); Machado & Machado (1956: V, 129-130).
III. Antoloxías: Ferreiro (2023a: 31-32).
1 quantos] quantus V 7 dos] ds̄ B; dos] ds̄ B 11 polos outros] polus outrus V 12 pecado] pe(**)\ca/do V 14 daqueles] (daq) daq̅les B : da q̅l os V; quitaron] q̄tarō B; 19 prazer-m’-ia] prazer mha B : prazermha V 20 depos] Depꝯ B : đ pus V 24 sobre-los outros] sobrelus outrus V; mal fazer] (f) mal fazer B 25 alongando] alongado B 26 d’] om. V; mostrasse] mōstrasse B 31 que se] qisse B
1 quantos] quantus Marroni 2 los] lus Marroni 7 dos ... dos] dus ... dus Marroni 8 quantos] quantus Marroni 11 polos outros, que [ja] o leixaron] pelos outros, que o leixaron Nunes : polus outrus, que o leixaron Marroni : polos outros, que o leixarom Littera 16 pero ca[tivo] me tev’en poder] [matar], pero ca me tev’ en poder Nunes : ….. pero ca me ten en poder Marroni : pero [sabe] ca me teve’em poder Littera 18 esto] est(o) Nunes 20 depos] depus Marroni 24 sobre-los outros de lhi] sobre lus outrus de lhis Marroni : sobre los outros de lhis Littera 25 outros] outrus Marroni 26 mostrasse] monstrasse Marroni, Littera 29 per] por Nunes 31 dos] dus Marroni
(I) Sei ben que cantos no mundo amaron e aman, todos eles foron probados por Amor, e fíxome a min amar unha señora entre todas cantas donas no mundo eles loaron polas súas cualidades, e desde ese momento moi coitado me tivo Amor, pois fiquei desenganado dos que aman e dos que amaron.
(II) E desde entón, por cantos deixaron de amar, por isto me trabou Amor, porque me probou a min como leal amador, e, por causa dos outros, que xa o deixaron, quere matarme por esto, infeliz de min!, porque (Amor) sabe que nunca se poderá vingar daqueles que o abandonaron.
(III) E séntese ben comigo, porque actúo como o seu servidor, aínda que me tivo infeliz en poder desta dona que me fixo amar, e matarame por isto, e non sei cando, e praceríame se Amor achase, despois da miña morte, quen ficase con el como eu fiquei desde o moito tempo que hai que por seu ando!
(IV) E matarame por isto, desexando ben desta dona, pois non ten poder para facer mal aos outros, porque os outros fóronse afastando del, aínda que sei o que acontecería se Amor lles mostrase esta dona despois da miña morte: mataríaos desexando ben dela.
(1) E non sei outra cousa por que Amor se vingase nin por que nunca fose xustamente resarcido dos que así o foron abandonando.
Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10b 10’a 10’c 10’c 10’a (= RM 161:186) + 10’c 10’c 10a’
Encontros vocálicos: 18 -mi͜-á, esto‿e
A cantiga presenta repetición sistemática do elemento rimante no primeiro e derradeiro verso de cada estrofa: I amaron, II quitaron, III por seu ando, IV desejando.
É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<quantus>, v. 1; <outrus>, v. 11; <đpus>, v. 20; <sobrelus outrus>, v. 24); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.
Fronte aos moitos encontros do indefinido todos co artigo (tōtōs illōs/as > todos-los/las > todo-los/las), é moito menos frecuente o encontro co pronome, que só se produce limitadamente no corpus.
A forma pronominal min, oblicua e tónica, é utilizada como CD sen preposición (provou min, v. 10; matar min, v. 12), feito frecuente no corpus trobadoresco.
Integramos o adverbio ja para completar a medida decasilábica do verso, aínda que existen outras posibilidades textuais.
Consideramos que cativo, solicitado pola presenza da súa primeira sílaba en BV, é perfectamente coherente do punto de vista semántico (cfr. teer en poder), para alén de compensar a métrica do decasílabo. Con todo, existen outras posibilidades verosímiles, cal a proposta por Littera.
É verdadeiramente extraordinario o erro de BV, coa grafía <h> en vez de <i> en <prazermha> (= prazer-mi-á, con tres sílabas), xa que o texto precisa dunha forma de copretérito (prazer-m’-ia) en consecutio temporum co pretérito de subxuntivo (achasse) e catro sílabas métricas.
O encontro da preposición latina super co artigo, sŭper+ĭllum, produciu un resultado con asimilación da secuencia [ɾ-l] que desembocou en sobe-lo, forma moi frecuente nas Cantigas de Santa Maria, fronte a unha única ocorrencia no corpus profano (723.1). No entanto, a forma sobre-lo(s)/a(s), con refacción por influencia de sobre ten máis rexistros nas cantigas trobadorescas (véxase tamén 1035.20, 1164.1 e 4, 1433.2, 1631.10, 1636.17, 1676.12), en liña coa súa alta frecuencia nos textos medievais1
.
Marroni e Littera restaura a forma plural en lhi, sen dúbida condicionados pola súa presenza no v. 26. No entanto, este uso pronominal (singular por plural) presenta diversas ocorrencias na lingua dos trobadores e na lingua medieval en xeral, para alén da súa presenza na lingua moderna. A cantiga 656 de Torneol (Levad’, amigo, que dormides as manhanas frias) é unha mostra da convivencia das dúas formas, pois a partir do v. 14 aparece o uso da forma lhi con valor plural en vós lhi tolhestes, que se prolonga nos vv. 17, 19 e 22 (fronte ao lhis dos vv. 20 e 23 en vós lhis secastes).
Estabelecemos a locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus, por máis que en moitas pasaxes sexa posíbel atribuír independencia sintáctica a cada un dos elementos.
Por outra parte, no corpus trobadoresco profano convive a forma xeral (a)mostrar coa variante (a)monstrar, con grupo culto latinizante (véxase nota a 63.2), o cal resulta anómalo na altura cronolóxica do trobadorismo. Porén, a análise das leccións manuscritas evidencia que a aparición da consoante nasal é produto exclusivo da intervención dalgúns copistas de B, pois, cando o verbo conta con dous testemuños, nun deles sempre se rexistra a forma (a)mostrar –na única documentación de demostrar, B presenta tamén a grafía latinizante (1674.15)–. Véxanse, así, B vs. A (188.12, 309.15) e B vs. V (576.7, 624.2, 659.16, 1072.4, 1096.26, 1160.26, 1463.18, 1476.23, 1488.3, 1643.13 e 1663.6).
O mesmo proceso que levou a sobre-lo pode verse en entre-lo(s)/a(s), a partir de ĭnter+ ĭllum, aínda que non se rexistra o resultado *ente-lo(s)/a(s). Véxase CGPA, s.v. entrelo/a(s), entrello/a(s).
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: