I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 364-365 [= LPGP 579]); Reali (1964: 43); Cohen (2003: 408); Littera (2016: II, 38).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 268); Braga (1878: 146-147); Machado & Machado (1956: V, 270-271); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 86).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 97-98); Gonçalves & Ramos (1983: 180); Alvar & Beltrán (1989: 319); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 146); Alvar & Talens (2009: 548); Fidalgo (2009: 122); Souto Cabo (2017: 157).
1 Fez ũa] Fex \h/unha V 4 trobador] torbador V 6 coraçon] coracon V 10 pran] prã B
1 Fez] Fex Nunes 7 se] xe Cohen 9 loar mí] loar-mi Nunes, Reali, Cohen, Littera 16 me] mi Reali
(I) Fixo unha cantiga de amor agora o meu amigo por min que nunca a vin mellor feita, e, como é moi bo trobador, fixo uns adornos no son que me rompen o corazón.
(II) Moi ben se soubo significar para min alí, cando a (cantiga) fixo, en loarme moito a min e o meu valor, mais, na verdade, para me matar, fixo uns adornos no son que me rompen o corazón.
(III) Abofé, ben procedeu cando a (cantiga) fixo boa por min, e moito llo sei agradecer, mais vede de que me matou: fixo uns adornos no son que me rompen o corazón.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:359)
Encontros vocálicos: 5 li·ri·as; 11 li·ri·as; 17 li·ri·as
V presenta a lección <fex> para fez, probabelmente por un erro <x>/<z> (véxanse tamén leccións como <uox> voz, 487.30, ou <pax> paz, 1598.25, para alén do mesmo erro en 484.5 e 567.4), máis do que unha eventual palatalización desta forma verbal. Téñase en conta que as formas verbais do tipo quix (véxase nota a 74.13) presentan consoante palatal final sobre formas acabadas en -s coa excepción de trax (véxase nota a 429.24).
A voz liria (‘son harmonioso como o da harpa, adorno musical’) semella un verdadeiro hapax na lingua medieval e moderna, pois non achamos ningunha outra aparición deste termo. Porén, ten de ser a mesma voz que rexistra en castelán na General Estoria de Afonso X:
Este otro nombre lirico quiere dezir tanto como allegre. & llamaron lirico de comienço a los Maestros & a los sabios que componien libros de razones de solaz. & e de las cosas que pertenecen a los mancebos en su mancebia. & porque dizen en latin. Liria por el estrumento a que llaman farpa. & porque es la ffarpa estrumento de dulce son. & da allegria de liria que es en el latin nombre de la farpa. llamaron Liricos a los que componien libros de tales maneras como auemos dicho (cfr. CORDE, s.v.).
No século XV a mesma voz reaparece nun verso de Frei Diego de Valencia: non es todo lirias nin pan rrepintado1 .
A estrutura copulativa aconsella a fixación do pronome tónico mí como complemento directo sen preposición, tal como é relativamente frecuente na lingua trobadoresca.
Cfr. Isaac Vázquez Janeiro, Tratados castellanos sobre la Predestinación y sobre la Trinidad y la Encarnación, del maestro Fray Diego de Valencia OFM (siglo XV). Identificación de su autoría y edición crítica. Madrid: CSIC - Instituto ‘Francisco Suárez’, 1984, p. 86.