I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 105-106); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 88 [= LPGP 652]); Littera (2016: II, 126).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 65-66); Carter (2007 [1941]: 31-32); Marques Braga (1945: 101-102); Machado & Machado (1949: I, 240-241); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 136).
III. Antoloxías: Diogo (1998: 50-51).
1 min] mj B 2 ben] beij B 5 viu] niu B 6 min] mj B; começar] començar A 7 non a] noua B 8 perde seu] ꝑdesso B 10 faç’én] fazen A, façeu B 11 terrá] (possa) ceira B 12 de] do B 14 sennor, per] dona pʳ B; min] mj B 15 m’ar terrá que m’eu] me teira q̄me B; possa] om. B 17 m’end’eu] medeu B 19 pois-la] poila B 20 ll’aviir] a veer A 21 terrei] teirey B 24 consellar] cosselhar B
1 min] mi Bertolucci Pizzorusso 3 poderos’] poderos(o) Michaëlis 6 min começar] min començar Michaëlis : mi començar Bertolucci Pizzorusso : mim començar Littera 7 m’] mi Michaëlis, Littera 10 én] eu Littera 12 de] do Bertolucci Pizzorusso, Littera 14 sennor, per que mi a min] dona porque mh-a mi Bertolucci Pizzorusso : dona por que mi a mi Littera; per] por Michaëlis 19 pois-la] poila Bertolucci Pizzorusso; poder sí] poder-s’i Littera 20 aviir] avĩir Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso 21 escapara] escapará Littera
(I) O que a min me aconsella que eu deixe a miña señora, porque ela non me fai ben, e me considera con tanto poder agora como para me afastar dela, nunca el tivo amor como o que hoxe eu teño nin viu esta señora con quen Amor me fixo iniciar unha relación; (II) mais non a viu, e agora vaime dar un consello polo que mostra que ten perdido o siso, porque, se a vir ou alguén lla mostrar, sei con certeza isto: que considerará a miña morte preferíbel a deixar de desexar o ben dela, (III) porque, se el contemplar a beleza desta señora, pola que a min me vén o mal, non seguirá pensando que eu me poida de ningunha maneira afastar dela mentres eu viva, nin que eu me considere obrigado a iso, igual que outro home que a tal señora ame.
(IV) E, despois de (el) a ver, se puider gardarse a si mesmo de que lle ocorra como a min me ocorre, ben pensarei eu que se librará diso; mais eu teño agora un gran pavor dunha cousa desde que este aconsellador a vise: que non poida nin a min nin a si mesmo dar consello.
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10c 10c 10a (= RM 189:11)
Encontros vocálicos: 14 mi‿a
Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas (ausente nas edicións anteriorese), véxase nota á cantiga 55.
O verbo começar, de abondosa presenza no corpus, presenta unha variante començar (sospeitosa de castelanismo1 ) unicamente nesta ocasión e mais na variante riscada en B da cantiga 901 de Roi Fernandiz de Santiago (Ora começa o meu mal). É por isto que semella certamente preferíbel a forma transmitida polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional.
Obsérvese a aparición da grafía <z> en formas que regularmente presentan <c, ç> e que deben ser postas en relación con outras confusión gráficas que atinxen ao ámbito das sibilantes no Cancioneiro da Ajuda: en varias ocasións rexístrase <fazo> e <faza> faço e faça, ás veces en formas contractas (69.7 e 10, 117.17, 136.10, 189.24, 203.27, 273.22, 278.15, 403.2, 433.2), <ouzo> ouço (85.26) e <nazer> nacer (260.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 80.10, 88.15 e 89.2.
Nótese a variación sinonímica sennor / dona conforme o manuscrito A ou B.
A secuencia <s-l> (e <r-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con pois e con outros vocábulos acabados en -s (ou -r) debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (véxase tamén nota a 83.21 e 139.2). No corpus trobadoresco profano, o pronome identificador sofre asimilación fonética xeral con diversos elementos lingüísticos (pronomes, adverbios, conxuncións, e con algúns nomes e/ou participios), especialmente con pois. Cfr. nota a 5.10.
Por outra parte, os pronomes min e si, complementos sen preposición no v. 24 aconsellan considerar si como pronome tónico oblicuo (véxase nota a 10.1), aínda que tamén sería posíbel pensar nunha forma átona, isto é, poder-si, variante fonética de escasa aparición (véxase 910.28). Porén, a interpretación se poder-s’i guardar de Littera, tamén podería ser teoricamente posíbel, aínda que a estrutura máis natural sería se s’i poder guardar. En verdade, nos vv. 19-20 o autor utiliza os dous pronomes (sí / min) referidos ao conselleiro e a el mesmo, nunha hipotética oposición que se neutraliza no verso final conclusivo da cantiga: min nen sí (v. 24).
Sen dúbida aveer é un lapso de copia en A por avĩir, pois a estrutura da frase esixe a aparición do mesmo verbo nos dous pólos da comparación.
Aínda que o nasalamento producido pola caída de -n- intervocálico a partir do lat. cum initiare podería ter desenvolvido unha consoante nasal implosiva (CGPA pode verse un centenar de ocorrencias de començar).