I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 297-298); Piccat (1995: 167-168 [= LPGP 963]), Littera (2016: II, 503-504).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 114); Carter (2007 [1941]: 89); Marques Braga (1945: 279); Machado & Machado (1950: II, 55); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 256).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 48); Nunes (1959: 234-235); Torres (1977: 292); Jensen (1992: 370).
1 vos] uus A : uos B 2 ei, falar] ei afalar B 3 coidar] cuydar B 5 vos] uus A 6 E] om. B; estes] esta B 8 vos] uus A 10 vos] uus A; mí] mī B 11 Com’é quite] Come quāto B 12 en] eu B 15 vos] uus A : uos B; mí] mī B 16 vos] uus A; eu saber] en sabedor B 17 me] mi B 20 doer] oer A; vos] uus A : uos B; mí] mj̄ B
En Michaëlis a terceira estrofa, ausente de A, aparece en nota a rodapé.
1 vos] vus Michaëlis, Piccat 3 vos] vus Michaëlis, Piccat; coidar] cuidar Littera 5 vos] vus Michaëlis, Piccat 8 vos] vus Michaëlis, Piccat 10 vos] vus Michaëlis, Piccat 11 Com’é quite] Com’e quanto] Michaëlis, Piccat, Littera 12 cuidar] coidar Piccat, Littera 15 vos ... min] vus ... mi Piccat : vos ... mi Littera 16 vos] vus Michaëlis, Piccat; faç’eu] faç[o] Michaëlis : faç’eu [rem] Littera 20 vos] vus Michaëlis, Piccat
(I) Se eu me atrevese, señora, a falar do mal que sufro por vós desde o momento en que vos vin, segundo creo, despois que souberades iso, habiádesvos doer de min.
(II) E, porque estes ollos meus nunca fan máis que chorar con pesar cando non vos ven, se o soubésedes, por Deus, habiádesvos doer de min.
(III) Como o meu corazón está moi lonxe de pensar noutra cousa senón en vós, se eu me atrevese a mostrárvolo, por mesura e non por outra cousa habiádesvos doer de min.
(IV) Mais eu non vos fago saber canto mal me fai Amor por vós, pois teño de vós pavor, porque, se me atrevese a dicírvolo, habiádesvos doer de min.
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8C (= RM 155:23)
Encontros vocálicos: 16 Ma·is
A lección de B (lémbrese que esta estrofa non foi transmitida en A) é claramente errada, pois non fai sentido nin é gramatical (*Com’e quanto meu coraçon / senon en vós d’en al cuidar, / se vo-l’eu ousasse mostrar...). É por isto que a emenda (presente en Rios Milhám) de quanto para quite semella a mellor opción, paleograficamente explicábel sen dificultade, por máis que Piccat respecte o texto do manuscrito e reinterprete o texto na paráfrase para evitar a incoherencia sintáctico-semántica (‘Come e quanto il mio cuore, se non per voi, nessun’altra cosa s’affligge...’).
Nótese a variación do refrán nesta estrofa III (min vs mi), só transmitida por B, provocada polo feito de B presentar a variante pronominal min no refrán das estrofas II-IV (fronte a mí na estrofa I, coincidente neste caso con A).
Aínda que Nobiling (2007 [1907b]: 196) propón a emenda non vos faç’eu [ren] saber para resolver a aparente hipometría (cfr. faç[o] eu en Michaëlis), a contaxe bisilábica de mais evita calquera intromisión textual (véxase Ferreiro 2016c). Véxase nota a 12.8.
Significativamente, en A foi anulado un carácter que, con certeza, correspondería a esa preposición.