I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 302-303 [= LPGP 961-962]); Piccat (1995: 192-193); Littera (2016: II, 505-506).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 90-91); Marques Braga (1945: 283-284); Machado & Machado (1960: VII, 9-10); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 259).
2 vos] uus A 3 vos] uus A 5 vos] uus A 6 vos] uus A 7 vos] uus A; vos] uus A 9 vos] uus A 13 vos] uos A 14 vos] uus A 18 guisa] guissa A 19 vos] uus A 21 vos] uus A 30 vos] uus A
2 vos] vus Michaëlis, Piccat 3 vos] vus Michaëlis, Piccat 5 vos] vus Michaëlis, Piccat 6 vos] vus Michaëlis, Piccat 7 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis, Piccat 9 vos] vus Michaëlis, Piccat 13 vos] vus Michaëlis 14 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis, Piccat 17 Deus Sennor] Deus, sennor Piccat 18 tẽen] têm Littera 19 vos] vus Michaëlis, Piccat 21 vos] vus Michaëlis 27 vos] vus Michaëlis, Piccat 30 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis, Piccat
(I) Señora fermosa, pois sentides pesar porque vos amo máis que a min mesmo nin a ningunha outra cousa, direivos unha gran verdade, e, se non, mal me veña de vós, que me queredes mal: non vos amo eu pola miña vontade, e, miña señora, xa que iso vos pesa, quérovos dicir a quen vos debedes dirixir: (II) a vós, señora, que sodes tan fermosa, e a quen vos fixo parecer así, que a cantas donas eu vin no mundo todas vós as vencedes en fermosura e en boa fama e en falar mellor; e, xa que Deus tanto ben vos concedeu, señora, non me vos queixedes de vos eu amar, (III) porque non depende de min, infelizmente, nin Amor quere que eu o poida evitar, nin Deus, nin a vosa fermosura, porque me teñen de tal modo forzado que me fan amarvos moi de corazón; e, así Deus me perdoe, non vos causo pesar niso pola miña vontade.
(IV) E, miña señora, se Deus quixese que eu me librase de tan gran coita, non me mostraría a vosa fermosura nin a vós, señora, que eu, infeliz, vin para o meu mal e para o destes meus ollos; e, xa que vos vin, nunca despois quixo Deus que perdese eu a gran coita e o grande afán.
(1) E esta gran coita, como a perderei? Xa que vos pesa porque vos amei, sei que, se vivo, vivirei coitado.
Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a + 10d 10d 10’a (= RM 161:178)
O comportamento editorial a respecto da ligazóns interestróficas nesta composición é diverso: Michaëlis isola todas as estrofas, mentres que Piccat e Littera ligan as estrofas I-II. Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas atá a fiinda, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas, véxase nota á cantiga 55.
A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. mí, func. 2). Véxase nota a 861.14. Cfr. nota a 177.22 e 243.16.
Nótese a grafía arcaica da asimilación que se produce no encontro de todas co pronome identificador (todas-las). A secuencia <s-l> (e <r-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con pois e con outros vocábulos acabados en -s (ou -r) debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (véxase tamén nota a 83.21 e 139.2). No corpus trobadoresco profano, o pronome identificador sofre asimilación fonética xeral con diversos elementos lingüísticos (pronomes, adverbios, conxuncións, e con algúns nomes e/ou participios). Cfr. nota a 5.10.
Enténdase: ‘porque non teño capacidade, infelizmente, para deixar de facelo (nin quere Amor) que poida deixar de facelo’.
A expresión mao meu pecado ‘por mal dos meus pecados, infelizmente’, variante de mao pecado ou mal pecado, só se rexistra esporadicamente (véxanse tamén 59.8 e 983.3). A variante con artigo aparece na Crónica d'Espanha de 1344:
Mas os cristãaos nom se acaudilharom bem e forõ vencidos, maao o seu pecado (Cintra 1952-1990: IV, 35).
En Piccat, para alén da reveladora puntuación, sennor aparece traducido como signora, desconsiderando, pois, a posibilidade de se referir a Deus, tal como acontece en diversos contextos e cantigas co sintagma Deus Senhor, fórmula invertida do tamén frecuente Senhor Deus: 45.11, 112.3, 183.17, 259.17, 285.3, 286.1, 305.13, 396.8, 432.1, 500.5, 634.24, 889.22, 1078.10, 1084.4, 1415.16, 1418.r1.
No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <guissa> neste verso, véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4, 308.11, 313.8 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 150.4, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 214.21, 395.9, 439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18, 692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.