I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 867-868 [= LPGP 303]); Littera (2016: I, 335-336); Bruno (2022: 127-128).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 142-143); Machado & Machado (1950: II, 179); Rios Milhám (2018b: III, 359).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 47-48); Jensen (1992: 110); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 67).
2 devian [to]lher] deuīa llot B 7 lho] lhe B 8 e] et B 9 e] et B 10 e d[i]go-lhes] et dgolhea B 16 sa] la B; direi] dyroy B
1 boa] bõa Michaëlis, Bruno 2 q[u]e se devian [to]lher] que non devian fazer Michaëlis : que se deviam sofrer Littera : que se devian [sofrer] Bruno 3 lho] lhe Littera 8 e] et Michaëlis 14 que] qu(e) Michaëlis
(I) Moitos me fan, abofé, preguntas que se debían evitar: que lles diga por quen trobo ou quen é; e por iso hei de dicir a todos que non saberán quen é a miña señora por min mentres eu estiver vivo.
(II) De llo dicir non tiraría eu proveito, e eles despois tomaríano por mal (feito) se llo dixese; e desde entón teríanme por tolo, e dígolles eu outra cousa: que non saberán quen é a miña señora por min mentres eu estiver vivo.
(III) E por que teñen que me importunar para que lles diga cal é a señora que teño? Doutras cousas deberían falar, que lles serían de máis proveito; e direi que non saberán quen é a miña señora por min mentres eu estiver vivo.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C (= RM 99:11)
Encontros vocálicos: 8 mi-‿o; 13 mi‿aficar; 14 é‿a
Tolher é interpretación conxectural da errada lección <llot> de B, talvez dunha anterior forma <toll’>, de modo que se limita a modificación da lección ofrecida polo manuscrito. En calquera caso, a hipótese sofrer de Littera e Bruno é tamén unha opción a considerar, fronte á refacción do verso en Michaëlis.
Resulta sorprendente a aparición da variante apocopada én perante vogal, pois a distribución de ende / én responde, en principio, ao contexto fonético: ende + vogal (en xeral con crase) vs. én + consoante. Porén, é certo que no corpus se detecta a aparición de oito casos de én + vogal, sempre a vogal palatal /e/, cunha única excepción na cantiga 148 de Martin Soarez (por én a desfiar): 93.8, 148.13, 468.27, 576.10, 959.9.