I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 882-883); Nobiling (2007 [1907]: 65 [= LPGP 459]); Littera (2016: I, 509).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 18-19); Braga (1878: 6); Machado & Machado (1950: II, 233); Domingues (1992: 23); Rios Milhám (2018b: III, 385).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 30-31); Sansone (1990: 114); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 99).
1 Queixum’ouvi dos olhos] Queixumouuj destes olh9 B : Quexeumouuz destes olh9 V 3 quero] queto V; coraçon] cora con V V 4 e des oimais] edesoy (**) mays V 5 vi] nj B 7 queixarei] q̄rearey V 9 os] oꝯ B : eꝯ V 15 os] oꝯ B : eꝯ V 19 vir] uit B 20 morrerei] moirerey B : mouerey V
1 queixum’ouvi dos] quexey-m’eu d’estes Nobiling : Queixei-m’eu destes Littera 14 mi] me Michaëlis
(I) Tiven queixume dos meus ollos, mais agora, así Deus me perdoe, quérolles ben de corazón; e de hoxe en diante quero amar a Deus, porque me mostrou a quen hoxe eu vin: ai, que belo semblante hoxe eu vin!
(II) Sempre eu me queixarei de Amor, porque del sempre me vén mal; mais eu quero ben aos meus ollos e xa sempre amarei a Deus, porque me mostrou a quen hoxe eu vin: ai, que belo semblante hoxe eu vin!
(III) E unha queixa moi grande teño de Amor, porque sempre me soe dar coita; mais os meus ollos quero amar e quero amar Noso Señor, porque me mostrou a quen hoxe eu vin: ai, que belo semblante hoxe eu vin!
(1) E se cedo non vexo a quen vin, cedo morrerei por quen vin.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C + 8c 8c (= RM 160:351)
A lectura queixum’ouvi (de Nobiling) responde basicamente á lección de B, creándose, porén, un problema de hipermetría versal que se resolve por medio da mudanza destes olhos meus > dos olhos meus (cfr. Fez-m’el chorar muito dos olhos meus, 764.13). Con todo, o problema métrico ficaría resolvido tamén se interpretásemos Queixei-m’eu (opción de Nobiling, coa forma quexey), con manutención do demostrativo.