I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 230-231); Pagani (1971: 86-87 [= LPGP 254]); Littera (2016: I, 257-258).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 88); Braga (1878: 45); Machado & Machado (1952: III, 275-276).
1 viv’oj’eu] mu(d)o geu B 2 das] da V 3 e] τ B : et V 6 e] τ B : et V; gran] g̃ra B; mí] mj̄ B 7 morrendo] moirendo B 12 e] Et B : τ V; grand’é] g̃rade B 17 per] por V 20 bõa] boa B 21 non no] nō uo V
2 das] da Nunes 3 e] et Pagani 6 e] et Pagani; mí] min Pagani : mim Littera 11 nen un] nẽum Littera 12 e] et Pagani; mia] om. Nunes, Pagani, Littera 17 per] por Nunes 20 mia] om. Nunes, Pagani, Littera; bõa] boa Pagani, Littera 21 non no] non’o Littera
(I) Estraña vida vivo hoxe, señora, máis das que viven todos cantos están no mundo, por vivir causándovos pesar a vós e por eu non ter xa desexo de ningunha outra cousa agás da morte, para así vos quitar o pesar a vós e o moi gran mal a min, e por me facer Deus, morrendo, vivir (II) en tal vida como me ouvides dicir: vivo eu, señora, causándovos pesar a vós e mal a min propio, e Deus non me quere dar siso nin poder ningún para deixar de causalo; e, miña señora, aínda que o meu mal é grande, vede o que me resulta máis doloroso que calquera outra cousa: o pesar que vós sufrides por iso, (III) de onde a min, señora tanto mal me vén, podendo Deus quitarme todo este mal por medio da morte, que non quere concederme porque sabe que me ten máis morto mentres vivo, pois iso para vós é pesar. Canto mal, miña señora, hai en tal vida? Non o sei dicir!
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10d (= RM 167:1)
Encontros vocálicos: 1 Es·trã·ia; 8 mi‿o·i·des; 13 mi‿é
Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición, só reflectido na edición de Littera, véxase nota á cantiga 15.
A variante estrãio, forma desnasalada de estraio (cfr. tamén estrãiar, estraiar), atestada en 103.1 e 1341.14, é produto da minoritaria evolución de -nj-, con caída de -n- en vez da xeral palatalización da base extraneum (véxase CGPA, s.v. estraio, estrãio, estrayo, estrãyo, estray͂o). Tal resultado convive co xeral estranho no corpus trobadoresco profano, e a súa emenda supón unha irregular nivelación lingüística da lingua trobadoresca. Cfr. nota a 236.15.
A modulación sintáctico-expresiva destes versos é diferente en Nunes e Pagani, pois a construción sintáctica presentada é outra, tamén posíbel. Eis a versión dos editores precedentes, tamén coincidentes nesta cuestión (versión de Pagani):
Quanto mal, senhor, per bõa ffé
ha en tal vida dizer non-no sei!