I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 118-119 [= LPGP 471]); Cohen (2003: 183); Littera (2016: I, 556).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 121); Braga (1878: 57); Machado & Machado (1952: III, 376-377).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 109).
1 sén] seu B 2 bon sén] bou seu B 4 sén] seu V 5 tive] teuj B : teui V 6 ren] re B 11 Queo cuie seu B 13 dar coita] dar eu coyta BV 15 sempr’, e] sempi B 17 Que oie B
7 pud’] pôd’ Nunes, Littera 9 fez] fiz Nunes, Littera 15 máis sempr’, e] mais; sempre Nunes
(I) Eu fixen unha loucura como nunca fixo unha muller –aínda que pensei que facía algo asisado–, en relación co meu amigo que me ama; e foi unha loucura, pois el tanto me ama, que sempre o desdeñei e non pode saber el nada dos meus sentimentos, (II) pois nunca de min puido entender outra cousa, e con esa coita se foi de aquí, e fixo unha loucura, nunca tal loucura vin, por causa de que o fixen, e síntome mal por iso, que sempre o desdeñei e non pode saber el nada dos meus sentimentos.
(III) Por lle causar coita para coñecer ben os seus sentimentos, que eu xa coñecía, fun cautelosa de máis sempre, e (iso) será causa de mal para min, pois eu moi mal obrei, que sempre o desdeñei e non pode saber el nada dos meus sentimentos.
Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:21)
A forma xeral de P3 de pretérito de poder é pôde; porén, igual que acontece en 339.4, nesta cantiga volve rexistrarse a variante pude para a P3, conservada en Cohen, mais anulada nas edicións de Nunes e Littera.
A forma pude para a P1, que vai na dirección da posterior evolución deste tempo en galego, con xeneralización analóxica a partir da P1, está tamén documentada nas Cantigas de Santa Maria, tanto na rúbrica 312 (Como o cavaleiro non pude conprir ssa vontade con sa amiga na casa en que lavravan a [omagen de Santa Maria]), como no texto das cantigas marianas:
Mas foi-sse log’a un rio que corria preto d’y,
ar fugiu-lle log’a agua, per quant[o] eu aprendi;
e assi passou dous anos, per com’eu escrito vi,
que agua coller non pude, nen sol bever nen gostar (CSM 155.40).
E tan muito o foi seguir
que ja non pude mais mentir,
e o frade fez[o] vĩir,
dezendo: ... (CSM 239.56).
Existe tamén algunha ocorrencia desta forma en textos prosísticos; véxase, entre outros, a tradución portuguesa da Confessio Amantis:
Mais, porem, de quando soube perguntar e enquerer, nunca pude saber que fora de dona Costança (Faccon 2012: 348).
Como xa argumentou Cohen, a forma fez dos manuscritos ten sentido, pois á loucura dela responde o amigo con outra loucura.
A presenza de eu desequilibraría a medida do verso e indica que, máis unha vez, o pronome persoal aparece espuriamente introducido no texto, como acontece con certa frecuencia ao longo do corpus trobadoresco: así se verifica nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.
Obsérvese a discutíbel puntuación nunesiana neste verso, que converte sempre nun adverbio de cantidade asociado a ja: ...m’encobri de mais; sempre já será / mal pera mi... vs. ...m’encobri de máis sempr’, e ja será / mal pera mí...