732 [= RM 101,1]
Amigo, pois mi dizedes

– Amigo, pois mi dizedes
ca mi queredes mui gran ben,
quand’ora vos fordes d’aquen,
dizede-mi: que faredes?
– Senhor fremosa, eu vo-lo direi:
tornar-m’-ei ced’ou morrerei.
– Se Nostro Senhor vos perdon,
pois aqui sedes coitado,
quando fordes alongado,
por Deus, que faredes enton?
– Senhor fremosa, eu vo-lo direi:
[tornar-m’-ei ced’ou morrerei].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 717, V 318

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 139 [= LPGP 666]); Cohen (2003: 204); Littera (2016: II, 155-156).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 127); Braga (1878: 61); Machado & Machado (1953: IV, 12).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 89); Cidade (1941: 47); Seoane (1941: 128); Fernández Pousa (1951: 79); Nunes (1959: 341-342); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 105); Álvarez Blázquez (1975: 192).

Variantes manuscritas


3 vos] uos BV   4 faredes] fazedes B   6 morrerei] moirerey B   8 sedes] sodes V   10 faredes] farey BV; enton] entou V

Variantes editoriais


5 vo-lo] vos Nunes   8 sedes] sodes Nunes, Cohen, Littera   11 vo-lo] vos Nunes; direi] dizei Nunes

Paráfrase


(I) –Amigo, xa que me dicides que moito me amades, cando agora vos fordes de aquí, dicídeme: que faredes?

–Fermosa señora, eu volo direi: tornarei cedo ou morrerei.

(II) –Así Noso Señor vos perdoe, pois aquí estades coitado, cando estiverdes lonxe, por Deus, que faredes entón?

–Fermosa señora, eu volo direi: tornarei cedo ou morrerei.

Métrica


Esquema métrico: 7’a 8b 8b 7’a 10C 8C (I [= RM 160:414]) + 8a 7’b 7’b 8a 10C 8C (II [= RM 160:407])

Notas


Texto
  • 4

    Nótese o erro <z>/<r> que se rexistra en diversas pasaxes do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (con maior frecuencia do que no Cancioneiro da Vaticana). Véxase, en posición interior, erros como fara <fara> A, <faza> B (301.8) ou tirades <tizades> B, <tirades> V (1329.9), entre outros. Cfr. nota a 660.5.

  • 5

    Máis unha vez, Nunes tentou regularizar a métrica da cantiga, convertendo o primeiro verso do refrán, un decasílabo, nun verso octosilábico (coa emenda de vo-lo en vos e mais coa sinalefa fremosa,eu). A combinación de octosílabo con hendecasílabo aparece en máis ocasións (véxanse, por exemplo, as cantigas 676 ou 1276).

    Por outra parte, non sería de todo impensábel que a orde dos versos da segunda estrofa estea alterada nos manuscritos, talvez debido a que se buscou a correspondencia paralelística entre os cuartos versos das dúas estrofas. En calquera caso, cabería unha posibilidade de equiparar as dúas estrofas tanto na métrica coma no esquema, alterando a orde dos versos. O resultado desta edición hipotética que regularizaría a cantiga sería o seguinte:

              –Pois aqui sedes coitado,
              se Nostro Senhor vos perdon,
              por Deus, que faredes enton
              quando fordes alongado?

  • 8

    A prioridade que concedemos a B leva a fixar a forma sedes ‘sodes’, variante procedente do lat. sĕdētĭs, que se rexistra esporadicamente no corpus trobadoresco (918.21; 1582.1; 1611.5, 9 e 20),  xunto con seedes (1668.2), e semos para a P4 (1627.5). Na produción prosística só achamos a forma seedes, con dez ocorrencias, mais existen tres rexistros de semos con outros tantos de seemos (véxase CGPA, s.v.). De todos os xeitos, sedes aparece tamén nas Cantigas de Santa Maria:
              Desta moça que "fillo" chama, e al non diz,
              por un da Magestade pintad’e con verniz?
              Mas vos que sedes padre da lee e joyz,
              rogad’a Deus que desto a quera guarecer (CSM 251.82).

  • 10

    O lapso <farey> de BV por faredes resulta obvio pola métrica, polo paralelismo construtivo deste verso co v. 4 e, tamén, polo sentido.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado