79 [= Tav 78,25]
Ũa donzela quig’eu mui gran ben

Ũa donzela quig’eu mui gran ben,
meus amigos, assi Deus me perdon,
e ora ja este meu coraçon
anda perdudo e fóra de sén
por ũa dona, se me valha Deus,
que depois viro[n] estes olhos meus,
que mi-a semelha mui máis d’outra ren.
Porque a donzela nunca verei,
meus amigos, enquanto eu ja viver,
por esso quer’eu mui gran ben querer
a esta dona en que vos falei,
que me semelha a donzela que vi,
e a dona servirei des aqui
pola donzela que eu muito amei.
Porque da dona son eu sabedor,
meus amigos, assi veja prazer,
que a donzela en seu parecer
semelha muit’, e por end’ei sabor
de a servir, pero que é meu mal:
servi-la-ei, e non servirei al,
por a donzela que foi mia senhor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 106

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 741-742 [= LPGP 523-524]); Lopes (2002: 40); Littera (2016: I, 628).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 38); Machado & Machado (1949: I, 147-148); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 76); Rios Milhám (2017: I, 79); Arbor Aldea & Santiago Gómez (2019: 64).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 16); Piccolo (1951: 15-16); Nunes (1959: 226); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 114); Diogo (1998: 37-38); Arias Freixedo (2003: 226-227); Souto Cabo (2017: 146).

Variantes manuscritas


1 donzela] douz ela B   6 olhos] olhes B   7 ren] irē B   9 viver] vin’ B   15 son] sē B

Variantes editoriais


1 quig’eu] quis eu Lopes   9 enquanto] enquant(o) Michaëlis   11 vos] vus Michaëlis   12 semelha] semelh(a) Michaëlis   14 muito] muit(o) Michaëlis

Paráfrase


(I) Unha doncela amei eu moito, meus amigos, así Deus me perdoe, e agora xa este meu corazón anda perdido e louco por unha dona, así Deus me valla, que despois viron estes ollos meus, que se me lle asemella (á doncela) moito máis que ningunha outra cousa. 

(II) Porque a doncela nunca máis verei, meus amigos, mentres eu viva, por iso quero eu moito amar esta dona de que vos falei, que me semella a doncela que vin, e a dona servirei desde agora pola doncela que eu moito amei. 

(III) Porque da dona sei eu, meus amigos, así vexa pracer, que no seu parecer semella moito a doncela, e por iso me prace servila, aínda que é para o meu mal: servireina, e non servirei outra, pola doncela que foi a miña señora. 
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= Tav 161:54)

Encontros vocálicos: 7 mi-‿a; 9 enquanto‿eu; 12 semelha‿a; 14 muito‿amei

Notas


Texto
  • 1

    Nótese a emenda lusitanizante de Lopes na forma verbal (véxase nota a 179.13).

  • 16

    A frase formularia de tipo aseverativo assi veja prazer (tamén literalmente en 384.16, 419.4) presenta a variante con si ~ se en 440.9, 571.9, 778.8, 1060.1, 1198.3, 1624.1 (coa introdución de eu en 416.4) e tamén se vejades prazer (877.12) e mais se prazer vejades (1174.1) con mudanza para a P5.

  • 21

    Neste verso achamos o único caso de aparente ausencia de asimilación no encontro da preposición por co artigo, onde dificilmente debemos considerar un erro <r>/<l>, poucas veces rexistrado en B (véxanse 356.10 e 1503.8), fronte ao frecuente <l>/<r>. Tal «representación» gráfica da canónica asimilación debe ser posta en relación con outras grafías arcaizantes do mesmo encontro: porl’amor de Deus (163.19), Esta tenn’eu porla maior / coita do mundo (263.15).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado