784 [= Tav 70,51]
Veestes-me, amigas, rogar

Veestes-me, amigas, rogar
que fale con meu amigo
e que o avenha migo;
mais quero-m’eu dele quitar,
ca, se con el algũa ren falar,
quant’eu falar con cabeça de can
logo o todas saberan.
Cabeça de can perdudo
é, pois non á lealdad’e
con outra fala én Guilhade:
é traedor conhuçudo,
e por est’, amiga[s], é t[e]udo:
quant’eu falar con ca[beça de can
logo o todas saberan].
E, se lh’eu mias dõas desse,
amigas, como soia,
a toda-lo el diria,
e al quanto lh’eu dissesse,
e fala, se a con el fezesse:
quant’eu falar [con cabeça de can
logo o todas saberan].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 787, V 371

Edicións


I. Edicións críticas: Nobiling (2007 [1907]: 106 [= LPGP 463]); Nunes (1973 [1928]: 177-178); Cohen (2003: 251); Littera (2016: I, 530-531).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 141-142); Braga (1878: 70); Machado & Machado (1953: IV, 84); Domingues (1992: 60); Cohen (1996: 22).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 107); Diogo (1998: 156).

Variantes manuscritas


1 Veestes] Ve\h/estes V   4 m’eu] me B   11 conhuçudo] conhucudo B : cōhuçudi V   12 epor estamiga estudo BV   15 dõas] doas V   18 quanto lh’eu] quantou eu V

Variantes editoriais


1 Veestes] Vẽestes Nobiling   7 todas] todos Nobiling   9 lealdad’e] lealdade Nunes   10 én Guilhade] En Guilhade Littera   11 é] e Nobiling; conhuçudo] conhoçudo Nunes, Littera   12 é t[e]udo] [sey que] tudo Nobiling : [sei que (i)] tudo Nunes : é s[a]budo Cohen, Littera   14 todas] todos Nobiling, Nunes   17 toda-lo] todo-lo Nobiling : toda[s] lo Littera   18 lh’eu] m’el Nobiling   21 todas] todos Nobiling, Nunes 

Paráfrase


(I) Viñéstesme rogar, amigas, que fale co meu amigo e que o poña a ben comigo; mais eu quérome afastar del, porque, se falase con el algunha cousa, canto eu falase con Cabeza de can, todas logo o saberán.
(II) Cabeza de can está perdido (no que respecta a min), pois non ten lealdade e con outra fala diso Guilhade: é traidor coñecido e por tal, amigas, é tido: canto eu falase con Cabeza de can, todas logo o saberán.
(III) E se eu lle dese as miñas prendas, amigas, como adoitaba, a todas el o diría, e todo aquilo que eu lle dixese, e a conversa, se con el a tivese: canto eu falase con Cabeza de can, todas logo o saberán.

Métrica


Esquema métrico: 8a 7’b 7’b 8a 10a 10C 8C (I [= Tav 139:20) + 7’a 7’b 7’b 7’a 9’a 10C 8C (II-III [= Tav 139:21)

Encontros vocálicos:  1 -me,‿amigas; 10 fala‿én; 16 so·i·a

Notas


Texto
  • 6

    Segundo Nunes, o sintagma cabeça de can (tamén utilizado por Guilhade na cantiga 774) estaría a cualificar o amigo como sátiro: «É sabido que o cão é tido desde a antiguidade como símbolo da impudência e desvergonha» (Nunes 1973: III, 176-177). Na iconografía medieval, unha das posíbeis representacións da figura mitolóxica do sátiro era a dun home con cabeza de can, e así o describe o anónimo autor no Livro IV do Orto do Esposo: «Estes asatiros som hũas animalias marauilhosas que ham semelhãças de homẽẽs, mas nõ sõ cõpridamẽte razoauees come os homẽẽs, ca nẽ per arte nẽ per natura nõ pode seer ẽsinados pera falar. O coraçõ ham fero e o deseio bestial, e porẽ som muy ẽclinados pera luxuria, ẽ tal guisa que, se acham algũas molheres erradas ẽno hermo, mata[m]‑nas cõ seu maao fazer. Em muytos de seus fectos e emna uoz parecẽ homẽs, segundo diz Sancto Ysidoro. Ca el diz que os satyros som pequẽnos e tẽẽ os narizes jũtos e ẽnas frontes tẽẽ cornos e som semelhantes aas cabras ẽnos pees, e algũũs creẽ que som homẽs mõteses e som de muytas guisas, ca algũũs delles am cabeça de cam e ladram, e per esto parece que mais som bestas brauas que homẽẽs» (cfr. CGPA, s.v. cabeça de cam).

    Talvez resulte un pouco esaxerada a interpretación da expresión cabeça de can como ‘sátiro’, pois en realidade o que ela lle reprocha é a súa absoluta indiscreción sobre a relación entre ambos. Por iso semella máis axeitado interpretar a expresión cabeça de can como unha alusión á irracionalidade con que el se comporta e que leva á moza a romper a relación.

  • 8-11

    É obvio que existen outras posibilidades de puntuación e de matización do texto, sen que o sentido varíe substancialmente:
              Cabeça de can perdudo
              é, pois non á lealdad’e
              con outra fala én: Guilhade
              é traedor conhuçudo.
    Ou:
              Cabeça de can perdudo
              é, pois non á lealdad’e
              con outra fala én Guilhad’e
              é traedor conhuçudo.
    De todos os xeitos, talvez o máis significativo desta interpretación é considerar én como pronome adverbial, e non como preposición rexida por falar, tal como semella (a ausencia dun til diacrítico dificulta a interpretación) en edicións precedentes, que presentan unha puntuación diverxente e con solucións diversas (mesmo co tratamento occitano En):
             con outra fala en Guilhade,
             e traedor conhoçudo (Nobiling).

             con outra fala en; Guilhade,
             é traedor conhoçudo (Nunes).

             con outra fala en Guilhade,
             é traedor conhuçudo (Cohen).

             con outra fala, En Guilhade
             é traedor conhoçudo (Littera).

  • 10

    As cantigas de Joan Garcia de Guilhade subministran numerosos exemplos de autonominatio, coa súa nominal inclusión dentro das súas cantigas. Véxase, tamén, 757.13, 760.13, 762.11, 768.1, 772.17.

  • 12

    De novo a lección dos manuscritos levantan problemas de fixación e de interpretación textual, neste caso pola obvia ausencia de texto e mais pola aparente presenza dunha forma pronominal tudo, cronoloxicamente posterior ao movemento trobadoresco galego-portugués1 . A edición de Nobiling (seguido por Nunes) afástase da lección manuscrita, ao tempo que mantén tudo e restaura o necesario plural no vocativo: ... amigas, [sey que] tudo. Por outra banda, Cohen (seguido por Littera), consciente do problema levantado por *tudo, resolve a pasaxe mediante a introdución do participio sabudo, o cal obriga tamén a modificar a secuencia final <estudo>.

    Tendo en conta a situación, procurouse unha solución coherente co sentido e respectuosa coa lección manuscrita, por medio da consideración da forma verbal éste, de amplo uso na lingua trobadoresca (Ferreiro 2008b), o cal explicaría, certamente, o fenómeno de haploloxía sufrido polo copista. Así, o verbo teer ten o significado de ‘considerar, achar’, presente en múltiplos contextos trobadorescos (véxase Glosario, s.v. teer).

  • 15-19

    A articulación discursiva desta estrofa, tal como nas edicións precedentes, baséase na interpretación do <e> incial do v. 19 como conxunción copulativa, xa desde Nobiling, cuxo texto que se mantén en xeral en Nunes e Cohen (e mais Littera). Cunha acumulación polisindética con función intensificadora, sentido xeral destes versos é que o amigo lles diría a todas que ela lle deu unhas doas e todo o demais que ela lle dixese, e que en caso de ter unha conversa con el, logo todas saberían de que falaron.

    Con todo, dada a ausencia do determinante de fala, cabería a posibilidade de considerar o <e> do v. 19 como verbo copulativo, con esta interpretación: ‘Se lle dese as miñas doas, tal como adoitaba, el diríallelo a todas, e todo canto eu lle dixese (para que non fose tan indiscreto) sería unha simple fala, se con el fose feita (pois non ten palabra)’. O texto ficaría así:

    E se lh’eu mias dõas desse,
         amigas, como soia,
         a toda-lo el diria,
    e al quanto lh’eu dissesse
    é fala, se a con el fezesse:
    quant’eu falar [con cabeça de can
         logo o todas saberan].

  • 17

    O proceso de asimilación consonántica no encontro de todos coa forma antiga lo(s)~la(s) é moito máis frecuente cando o pronome está en función adxectiva (isto é, cando é artigo). Porén, secuencias semellantes existen no corpus, mesmo no propio Guilhade: todo-lo teen pora sí (1517.4). Cfr. tamén: e dereit’é que todo-lo façamos (1411.16). ). Con todo, resulta certamente estraña a proposta de Littera (a toda[s] lo el diria).

  • 18

    A combinación do indefinido al co relativo quanto, tanto en al quanto (784.18), como en quanto ... al (227.6) e, sobre todo, quant’al (89.24, 134.13, 215.7 e 9, 267.21, 416.20, 447.5, 1045.20, 1195.16 e 1327.8) constitúe unha locución indefinida relativa co significado de ‘todo aquilo que, todo canto’.

  1. ^

    Sobre outra aparente forma tudo no corpus guilhadiano, véxase nota a 1515.24.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado