I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 228-229 [= LPGP 975]); Cohen (2003: 310); Littera (2016: II, 545-546).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 163); Braga (1878: 82-83); Machado & Machado (1953: IV, 174).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 236); Arias Freixedo (2003: 863-864).
3 viss’eu] misseu B 4 coraçon] corazon V 9 outorgar] entorgar B 13 que veess’aqui] q̅ el uehessaqi B : q̅ el uehessaqui V
1 á i] ai Nunes 10 [e lhi falei]] om. Cohen 13 que veess’] que el veess’ Nunes 16 visse; mais, poi-lo] viss’, e, poilo Cohen 19 mi] me Nunes
(I) Rogueivos eu, madre, hai moito tempo, polo meu amigo, que tanto amo, que o puidese ver, e a vós non vos prougo; mais, xa que o vin, de corazón lle agradezo a Deus que mo fixo ver e que non teño nada que vos agradecer.
(II) Hai moito tempo, madre, que vos roguei que o deixásedes falar comigo, e non me quixestes outorgar isto; mais, xa que o vin [e lle falei], agradézolle a Deus que mo fixo ver e que non teño nada que vos agradecer.
(III) Vós non quixestes que viñese aquí o meu amigo, onde tiña desexo de o ver, e quixo o Noso Señor que o vise; mais, xa que o vin, agradézolle a Deus que mo fixo ver e que non teño nada que vos agradecer.
(1) Mostroumo Deus e agradoume moito, sen eu ter nada que vos agradecer.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:242)
Encontros vocálicos: 1 madre,‿á; 5 mi͜-o; 9 esto‿outorgar; 11 mi͜-o; 16 -lo‿eu; 17 mi͜-o; 19 -mi͜-o
Por máis que a expresión á i sexa a orixe de hai en galego moderno, non é xustificábel a forma ai de Nunes, que talvez se viu condicionado pola aparente hipermetría do verso sen considerar a sinalefa madre,‿á.
A proposta para resolver a lacuna textual no verso procede de Nunes e ten carácter estritamente conxectural (é por iso que en Cohen se omite calquera reconstrución). Non obstante, xa no v. 8 se adianta o desexo de falar co amigo (que o leixassedes migo falar), para alén da frecuente asociación entre veer e falar que se encontra en múltiplas cantigas de amor ou de amigo; só a modo de exemplo: e por meu mal vos vi e vos falei (893.12); Des que o vi primeir’e lhi falei (1280.4)...
Neste verso do refrán, así como no v. 17, da estrofa III, aparece unha lección claramente hipométrica en BV, que rexistran a variante fez, unha forma que contrasta vivamente coa lección fezo da primeira ocorrencia do estribillo. Para alén de que a solución desde o punto de vista ecdótica sexa clara, é esta unha das probas da total equivalencia de fez ~ fezo, que os trobadores utilizaban por conveniencia métrica, ao tempo que marca o camiño para resolver múltiplos casos de hipometría que se detectan nas cantigas. Cfr. nota a 56.16.