I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 232-233); Finazzi-Agrò (1979: 125 [= LPGP 480]); Cohen (2003: 315); Littera (2016: I, 563).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 167); Braga (1878: 85); Machado & Machado (1953: IV, 196).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 211); Torres (1977: 101); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 112); Magalhães (2007: 99).
3 vos] uos BV; razon] i razon B 4 caridade] tar idade B 6 nen] uen BV; ven] uemo V 7 nemigalha] no mi galha V 8 sonho] ssol (nē*) nho B 9 e eu] cen V; creerei] ce’erey B 10 se Deus] sođs V 13-14 que / sonho] q̅ / ssonho B : assy / nho V 15 nen] neu B 20 sonh’, amiga] sonbamiga V
13 que] qu’assi [e] Nunes 15 que m’er pode] ar m’el pode Nunes 16 dê] dé Nunes, Cohen
(I) Agora vexo que non hai verdade nos soños, amiga, así Deus me perdoe, e quérovos axiña mostrar a razón (diso), e vedes como, por caridade: soñei, hai moito, que viñera o meu ben e o meu amigo, e non veu nin vén, (II) que non hai nin miga de verdade nos soños, nin sequera hai ben nin mal, e eu nunca crerei outra cousa, porque, amiga, así Deus me valla, soñei, hai moito, que viñera o meu ben e o meu amigo, e non veu nin vén.
(III) Por min, amiga, entendo eu ben que non pode haber verdade nos soños, nin que me poden facer ben nin mal, porque, amiga, así Deus me dea ben, soñei, hai moito, que viñera o meu ben e o meu amigo, e non veu nin vén.
(IV) E, xa que se foi meu amigo e non vén, o meu soño, amiga, non é mal nin ben.
Esquema métrico: 9’a 10b 10b 9’a 10C 10C (I-II [= RM 160:292]) + 10a 10b 10b 10a 10C 10C (III [= RM 160:125]) + 10c 10c
Esta cantiga continúa a composición anterior (nº 861), tamén de Joan Meendiz de Briteiros.
O sintagma par caridade (tamén en 336.17, 1218.18, 1432.11 e 1667.13) convive con por caridade (551.27, 1354.7 e 1430.1): tal distribución mostra como a variante preposicional par, especializada no uso en invocacións de tipo relixioso (nomeadamente par Deus), tende a estender a súa presenza a fórmulas relacionadas con aquelas.
O uso en rima dunha partícula en principio átona, como a conxunción que, só acha correspondencia en Don Denis, que tamén utiliza que como palabra rimante coa conxunción condicional se na cantiga 605 (vv. 1-2):
Valer-vos-ia, amigo, se
oj’eu ousasse, mais vedes que
mi-o tolhe daquest’, e non al: / ...
Nótese o carácter pechado de dê, en rima con que, tamén con /e/ pechado, que só reaparece noutra cantiga de Don Denis pola rima con ja-que:
Ergeu-se ledo e riio ja-que
(o que mui gran temp’á que el non fez);
mais, pois ja esto passou esta vez,
fic’end’eu leda, se Deus ben mi dê (603.7-10).
Aínda que modernamente se consolidou a vogal pechada na forma de presente de subxuntivo de dar, inicialmente, e así funciona na lingua trobadoresca con estas dúas excepcións, tal vogal era aberta, como correspondía á súa procedencia de /ĕ/: dĕm > dé, dĕs > dés, dĕt > dé etc. (véxase Ferreiro 1999 [1995]: §205b). En calquera caso, dê forma parte en ambos contextos da mesma frase formularia se Deus ben mi dê, que se integra nun conxunto fraseolóxico en que sempre participa a voz Deus (véxase Glosario, s.v. Deus): assi Deus me perdon, assi me valha Deus etc.