I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 242-243 [= LPGP 891]); Cohen (2003: 329); Arias Freixedo (2010: XXI); Littera (2016: II, 450).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 187); Braga (1878: 98); Machado & Machado (1953: IV, 292-293).
2 non] nou B 3 mi] nu V; tolha] tolhar B 4 en] ca B : eu V 5 m’eu] meus BV 6 quand’el] quandei B 7 querrei] queirey B 9 log’el seja] logue eia V 10 e] om. V 14 non] uā V 15 terra] tirā B : tiran V 16 logo] logue B 17 se] semendeu V 21 salra] salira BV 22 en] eu B 25 querrei] queirey B : q̅irrey V
16 lh’eu quera] lhe’eu queira Nunes
(I) Foise o meu amigo de aquí e non me quixo ver antes, e Deus me tire a fermosura e canto ben hai en min se el vén e eu non me vingo cando el queira falar comigo.
(II) E coida el que o quererei máis por isto que me fixo; mais sexa el logo o señor e eu súa, que non serei, se el vén e eu non me vingo cando el queira falar comigo.
(III) Para que vise eu que eu non lle importaba nada, non se despediu de min cando marchou da terra; mais logo lle queira eu ben se el vén e eu non me vingo cando el queira falar comigo.
(IV) E verá moi ben o meu amigo en que resultará esta vez canto agora el fixo, pois así fique eu no seu poder se el vén e eu non me vingo cando el queira falar comigo, (1) pois non lle quererei escoitar nada do que me el queira rogar.
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:374) + 8c 8c
Encontros vocálicos: 10 se͜e ·rei
Para fixar o texto deste verso debemos partir da lección <eu> (= <en>, pola confusión <u>/<n>) de V, pois o copista de B presenta un lapso de copia que deixaría sen sentido o verso (... quanto de ben á en mí); o mesmo lapso de copia <Ca>/<En> pode verse en V na cantiga 642.5.
Nótese tamén o lapso de copia nos dous cancioneiros que atinxe a este verso, cun aparente posesivo meus por m’eu (se el ven e m’eu non vingar). O texto móstrase correcto na seguinte ocorrencia do refrán.
Repárese na inusual presenza da conxunción Que en abertura da estrofa, con valor final.
Fronte a Nunes, mantemos o quera da lección manuscrita por se tratar da forma etimolóxica do presente subxuntivo de querer (< quaeram, quaeras etc.), forma minoritaria con presenza indubitábel na lingua medieval e no corpus trobadoresco. Cfr. nota a 73.16.
Neste verso do refrán detéctase outro erro en V na copia fragmentaria do retrouso; neste caso, amplía o contexto iniciado pola condicional se para un errado *se m’end’eu, talvez arrastrado pola aparición na estrofa precedente do segmento se el uē emeu, un segmento que podería estar presente no seu modelo con erros na súa transcrición (cfr. 526.15, 798.8).