I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 361-362); Rodríguez (1980: 80 [= LPGP 378]); Littera (2016: I, 428).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 193); Braga (1878: 102); Gassner (1933: 398); Machado & Machado (1953: IV, 317); Fernández Pousa (1959: 89).
III. Antoloxías: Landeira Yrago (1975: 151).
2 quitei] quyrey V 3 foi i] foy (d) y V 4 én] eu B 6 mui] muz V 7 quando] qnande B : quāde V 9 estive] estino B 13 avian] auya B 14 en todo] E utodo B 15 cousi-as] con syas V 17 do[nas]] da V
2 depois] despois Rodríguez 4 én] eu Nunes 7 [E] quantas donas eu vi] Quantas donas alá vi Nunes
(I) Andei, señora, León e Castela, despois que eu me fun desta terra, e non houbo alí dona nin doncela que eu non vise, e máis vos direi diso: cantas máis donas, señora, alá vin, tanto vos eu moito máis apreciei desde entón.
(II) E cantas donas eu vin desde que me fun de aquí, fixen canto puiden por observalas moi ben, e, despois de as ver, estiven pensando en vós, señora, e, por vos non mentir, cantas máis donas, señora, alá vin, tanto vos eu moito máis apreciei desde entón.
(III) E as que alá maior prez tiñan en todo ben, todas as fun eu ver e cateinas, e eran ben fermosas; pero, señora, quérovos dicir outra cousa: cantas máis donas, señora, alá vin, tanto vos eu moito máis apreciei desde entón.
Esquema métrico: 3 x 9’a 10b 9’a 10b 10C 10C (= RM 99:40)
Encontros vocálicos: 12-13 i/‿E
É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de fiinda ou de verso) nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.
Foi é a forma xeral de P3 de pretérito de seer (e de ir), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso: a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).
A frecuente frase formularia por non mentir, que permite a interpolación de diversos elementos (por vos non mentir, por vos eu non mentir etc.), equivale a outras expresións de certeza, como per bõa fe, de pran etc.
Este verso ten medida decasilábica sempre e cando se considere a existencia dunha episinalefa da conxunción inicial e con vi, no derradeiro verso da estrofa anterior, ou, alternativamente, unha anómala sinalefa coa copulativa e (*E‿as) ou co relativo que (*que‿ala). Certamente, existe tamén a posibilidade de que ala sexa erro por lá, tal como acontece noutras pasaxes (véxase, por exemplo, 976.8).