766 [= RM 70,7]
Amigas, que Deus vos valha, quando veer meu amigo

Amigas, que Deus vos valha, quando veer meu amigo
falade sempr’ũ’às outras enquant’el falar comigo,
ca muitas cousas diremos
que ante vós non diremos.
Sei eu que por falar migo chegará el mui coitado,
e vós ide-vos chegando lá todas per ess’estrado,
ca muitas cousas diremos
[que ante vós non diremos].
 
 
 
 
5
 
 
 

Manuscritos


B 749, V 352

Edicións


I. Edicións críticas: Nobiling (2007 [1907]: 93 [= LPGP 441]); Nunes (1973 [1928]: 166); Cohen (2003: 239); Littera (2016: I, 523).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 137); Braga (1878: 67); Machado & Machado (1953: IV, 57-58); Domingues (1992: 48); Cohen (1996: 10).
III. Antoloxías: López-Aydillo (1914: 42); De las Casas (1928: 35); Pellegrini (1928: 22); Seoane (1941: 71); Nemésio (1961 [1949]: 70); Bernárdez (1952: 68); Torres (1977: 311); Diogo (1998: 154-155); Magalhães (2007: 95).

Variantes manuscritas


1 valha] (q) ualha V; veer] (ueer) ueher B

Variantes editoriais


En Nobiling e Nunes o corpo da estrofas presenta versos heptasilábicos. 

1 veer] vẽer Nobiling   2 sempr’ũ’às] sempr’ũas Nobiling, Nunes, Cohen, Littera; comigo] con migo Nobiling   6 per ess’estrado] per’ess’estrado Nunes

Paráfrase


(I) Amigas, que Deus vos valla, cando viñer o meu amigo vós falade sempre unhas coas outras en canto el falar comigo, pois moitas cousas diremos que ante vós non diremos.

(II) Eu sei que el chegará moi coitado por falar comigo, e vós ídevos achegando todas alí por ese estrado, pois moitas cousas diremos que ante vós non diremos.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 15’a 15’a 7’B 7’B (= RM 37:16)

Notas


Texto
  • *

    A disposición con versos heptasilábicos graves tanto no corpo da estrofa como no refrán (Nobiling, Nunes) leva consigo a ausencia de rima nos versos impares (7’a 7’b 7’c 7’b 7’D 7 D7).

    Como acontece noutras cantigas de Joan Garcia de Guilhade, o refrán reitera a palabra rimante (alguen). Véxanse, tamén, as cantigas 385 (vi), 390 (eu), 393 (aqui),  397 (veen), 757 (alguen), 782 (verra).

  • 2

    Preferimos representar graficamente como sempr’ ũ’ às o conglomerado fono-morfolóxico que encobre «(falade) sempre ũas às (outras)», fronte a unha representación máis simple, pero máis opaca, sempr’ ũas, que se encontra nas edicións anteriores. De calquera forma, non deixa de ser unha crase anómala entre ũa e palabra comezada por vogal, de que só achamos un exemplo máis simple en Pedr’Amigo de Sevilha:

    E quero-lh’eu logo dizer
    ũ’antr’as cousas que el ten
    que sabe melhor... (1680.9).

  • 6

    Semella que a grafía per’ess’estrado de Nunes tenta suxerir a presenza da preposición pera en lugar de per ‘por’.

    A voz estrado ‘peza de mobiliario utilizada como asento’ só volve aparecer en Joan Soarez Coelho:

    se Deus mi-a mostre como a ja vi
    seendo con sa madre en un estrado! (277.24). 

    Na prosa aparece en contextos moi similares, como mostra a Crónica Troiana:

    sentárõsse anbos en hũ estrado ... Et foysse sentar cõ ela en hũ estrado (Lorenzo 1985: 253, 259).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado